Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG promove unha figura de protección integral prá Serra do Galiñeiro no Parlamento Galego.

O BNG promove unha figura de protección integral prá Serra do Galiñeiro no Parlamento Galego.

Correo-e Imprimir PDF
Mostra virtual do parque eólico na Serra do Galiñeiro reallizado pola Plataforma pra defensa da Serra.

O grupo parlamentario do BNG por iniciativa do deputado Henrique Viéitez Alonso e as deputadas Carmen Adán Villamarín e Tereixa Paz Franco presentou unha Proposición non de lei no Pleno do Parlamento Galego , dirixida á Xunta de Galicia có fin de apoiar as xestións da Comunidade de Montes de Vincios a prol do non establecemento dun parque eólico no seus montes. Asemade, a iniciativa nacionalista tamén inclúe unha cláusula na que solicita ao goberno autonómico medidas de protección xeral para a Serra do Galiñeiro na súa totalidade.

No seu primeiro artigo, a proposta pide á Xunta o rexeite á instalación do parque eólico no monte veciñal da parroquia de Vincios. Nun segundo ítem, solicita resolver a non procedencia da declaración de utilidade pública do parque eólico na Serra do Galiñeiro, que de momento permite a expropiación forzosa das terras para a montaxe do aeroxeradores. Tamén esixe a valoración e priorización dos usos promovidos polas comunidades veciñais de montes. Por último, a Proposición non de lei, solicita promover as accións necesarias para a promulgación dunha figura de protección total que prohiba a utilización da Serra do Galiñeiro para calquera tipo de proxecto eólico.

O Bloque foi tamén a forza política que convocou a un pleno monográfico no Concello de Gondomar, onde finalmente tódalas agrupacións políticas municipais emitiron unha declaración rexeitando a instalación do parque eólico na parroquia de Vincios. Nese pleno, os nacionalistas advertiron a súa vontade política de procurar unha figura de protección integral pra tódala serra, posición compartida polos movementos socias agrupados na Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro. Na procura da preservación dese espazo natural o grupo municipal do BNG de Gondomar ven actuando nas diversas instancias político institucionais de Galicia.