Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro inicia as súas actividades reivindicativas

A plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro inicia as súas actividades reivindicativas

Correo-e Imprimir PDF
Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro

A asociación pola defensa da Serra do Galiñeiro organiza para este domingo día 20 unha camiñata pola Serra do Galiñeiro. A asociación agarda a chegada de numeros asistentes pese as inclemencias do tempo que ameazan con precipitación.

A recén constituída plataforma de defensa da Serra do Galiñeiro asegura que ante os grandes valores deste espazo e as ameazas de degradación que penden sobre el, unha gran marioría de veciños e veciñas dos cinco municipios que rodean á Serra do Galiñeiro apoian a solicitude de clasificalo como Espazo Natural Protexido e rexeitan a instalación do parque eólico previsto na citada serra debido ás consecuencias que terían sobre este espazo.

 

A andaina que celebrarase o próximo domingo 20 de febreiro e terá como fin alcanzar o vertice xeodésico do Galiñeiro, onde os asistentes realizarán unha foto coa pancarta reivindicativa para volver ao punto de partida onde remate a marcha ás 14h.

 

A andaina comezará ás 10:30h dende o Parque Forestal do Galiñeiro en Vincios e cálculase un tempo estimado de 3 horas de duración. Dende a plataforma lanzan un chamamento á participación nesta andaina reivindicativa que estará organizada e guiada polos Montañeiros Celtas e o clube Peña Trevinca.