Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O IEM organiza unha saída didáctica á Serra do Galiñeiro co CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

O IEM organiza unha saída didáctica á Serra do Galiñeiro co CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
galinheirodendecouso

O vindeiro sábado 11 de outubro ás 10 horas terá lugar unha nova saída didáctica organizada polo Instituto de Estudos Miñorans á Serra do Galiñeiro. Andaina que nesta ocasión se desenvolverá cos escolares do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, acompañados de mestres e familiares. A actividade contará coa guía dos membros do IEM, María Lemos e Pablo Casal, autor do libro Didáctica da Serra do Galiñeiro (IEM,2014).

No percorrido visitarán os petróglifos de Auga da Laxe, un conxunto de mámoas e vestixios arqueolóxicos que agocha a serra. Cos guías falarán de etnografía, toponimia, fauna, ecoloxía e da importancia de acadar valores de convivencia, respecto e protección da enorme riqueza natural e cultural da que é posuidora a bisbarra do Val Miñor.