Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Plataforma non suspende a IV Andaina: “O Galiñeiro non está a salvo de ningunha ameaza”

A Plataforma non suspende a IV Andaina: “O Galiñeiro non está a salvo de ningunha ameaza”

Correo-e Imprimir PDF
cuadriculas-mineiras-oferta
Proxecto-supostamente-suspe
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro alerta que o perigo dunha explotación mineira sobre o enclave aínda persiste. Ante certas informacións que circularon onte na que se daba conta de que a multinacional Umbuno suspendía a solicitude para pescudar minerais en 10 hectáreas da serra, a plataforma advirte que aínda están a exposición pública outras 32 hectáreas adxacentes ás anteriores co mesmo obxectivo de explotar terras raras.

 

A plataforma agrega que a Consellería de Economía e Industria así o fixo saber no DOG do 15 de febreiro deste ano. Ademais diso, lembran que sigue vixente o polígono eólico "sometido a información pública sigue a súa tramitación e os impactos de todo tipo que de sempre ven sufrindo a serra seguen aí".

É por iso que o colectivo que agrupa a máis de medio centenar de asociacións sociais a decidido non suspender a IV Andaina prevista para o vindeiro domingo 21 de abril, no entendido que a "protección da serra do Galiñeiro só pode vir dada por unha figura administrativa que recoñeza os valores que este espazo natural ten". Por iso agregan "ata entón habemos de seguir nesta loita".