Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar De Lis non adianta posición sobre o parque eólico ata a xuntanza dos portavoces de Gondomar.

De Lis non adianta posición sobre o parque eólico ata a xuntanza dos portavoces de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
P7144202_Custom

Alfonso De Lis informou a Valminor.info que non tomará posición pública sobre a solicitude dos comuñeiros de Vincios ata non falar con eles na Comisión Informativa do Pleno. O 1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Gondomar asegurou que ningún membro do grupo dos non adscritos (ex PSOE) foi contactado pola Comunidade de Montes de Vincios na rolda de conversacións que a sociedade comunal mantivo cos partidos políticos durante o 2010.

A mesma actitude manifestou con respecto á situación da Entidade Local Menor de Morgadáns , da que espera a súa resolución para estudar o caso e manifestarse. De Lis que primeiro falou en nome propio, logo afirmou que buscará que os catro concelleiros non adscritos leven ao pleno unha posición común.

O próximo venres 7 ás 14 horas está convocada a xuntanza dos portavoces dos grupos políticos con representación no Pleno có rexedor Martín Urgal e unha delegación da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Vincios . A reunión de carácter informativa tamén permitirá buscar acordos para un Pleno extraordinario sobre o tema a realizarse nos primeiros días da próxima semana segundo adiantaron fontes do goberno.