Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Move Gondomar apoia aos comuneiros de Vincios e asegura 13 votos en 17 para o Pleno.

Move Gondomar apoia aos comuneiros de Vincios e asegura 13 votos en 17 para o Pleno.

Correo-e Imprimir PDF
pleno-28-10-10

O concelleiro Manuel Núñez Sestelo afirmou ante consulta de Valminor.info que Move Gondomar apoiará con seu voto o rexeitamento do parque eólico nos montes de Vincios no Pleno extraordinario. Sen embargo admitiu que o tema é complexo e que de momento non se dispón de tódala información necesaria. O Pleno vai reunirse o próximo mércores 12 de xaneiro ás 20 horas no Auditorio Luís Tobío a resultas do pedido formal feito polo grupo municipal do BNG o pasado 22 de decembro.

Co voto favorable de Núñez Sestelo o Pleno extraordinario contaría xa con 13 votos favorables en 17 para liberar as 420 hectáreas de Vincios afectadas polo proxecto eólico da Xunta de Galicia. Tanto os sete concelleiros do PP como os cinco do BNG apoian a petición. Os únicos que non adiantaron posición ata o momento son os catro concelleiros non adscritos (ex PSOE), que o farán logo da reunión da Comisión Informativa do Pleno o próximo venres 7, segundo o manifestado polo concelleiro Alfonso De Lis.

A Comunidade de Montes de Vincios foi quen solicitou hai seis meses ao goberno municipal e aos partidos políticos agás os catro concelleiros non adscritos, a realización dun pleno extraordinario. O obxectivo dos comuneiros é obter unha figura de protección para o monte por parte da corporación. O predio natural integra o parque eólico TV -20 Serra do Galiñeiro outorgado o pasado decembro a compañía Terra do Vento S.R.L, subsidiaria da multinacional ELEMENT POWER ESPAÑA S.L. para a explotación de 39 MW.

Os comuneiros tamén ten feita unha rolda de consulta cos grupos parlamentarios a nivel autonómico e confían en obter da Xunta un Acto de Prevalencia que de volta atrás a adxudicación eólica nos seus terreos. A solicitude da devandita resolución sería acompañada pola corporación municipal a través dunha resolución que segundo Eladio Bargiela, presidente local do PP, debe saír por unanimidade no próximo Pleno e así levar "con forza" o pedido ao Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.