Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro anuncia unha intensa axenda de traballo.

A Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro anuncia unha intensa axenda de traballo.

Correo-e Imprimir PDF
galieiro_morgadans

A Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro prepara unha intensa axenda co fin de informar e sensibilizar ás autoridades e mais a opinión pública sobor a conservación dos valores da serra e a necesidade de protexerlla. Logo de acadar o rexeitamento de Vigo ao plan eólico disposto pola Xunta de Galicia que afecta ao Galiñeiro, a plataforma que agrupa actualmente a 22 asociacións presentou unha solicitude de entrevista a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo con fines informativos. O colectivo tamén prepara a presentación dun blog que entre outras funcións, achegará tódala información concernente a loita desenvolvida, ademais das novas que ao respecto xurdan.

No último pleno de Vigo decidiuse por maioría o rexeitamento do polígono eólico da Serra do Galiñeiro. Os concelleiros do PP non acompañaron a moción, nunha decisión contraditoria coa asumida polos populares de Gondomar que unanimemente acompañaron a moción cando se presentou no concello onde gobernan dende 2009. Agora, a plataforma anuncia que o pasado 8 de febreiro presentou ao concello de Mos unha solicitude para reunirse coa alcaldesa Nidia Arévalo Gómez, o concelleiro de urbanismo José María Pereira, os técnicos municipais e mais o equipo de redaccións do PXOM para expoñerlles a necesidade de protexer ese espazo.

Por outra banda, o colectivo fixo pública a súa páxina web “para que os cidadáns e todo tipo de asociación, grupos e entidades de ben coñezan a problemática que se está a tratar e se sumen a este traballo, no que cada vez están máis persoas comprometidas”, anunciaron.

A plataforma ten programados unha serie de eventos que comezarán o próximo domingo 20 de febreiro pola mañá coa 1ª ANDAINA REIVINDICATIVA pola Serra do Galiñeiro. Cinco días despois, o venres 25 de febreiro realizarase unha “Festa-Denuncia Pola Protección do Galiñeiro”, en Baiona, na taberna Marrucho. O xoves 3 de marzo unha Mesa Redonda con deportista de proxección internacional, no Centro Cultural de Valadares. A principios de abril un grupo de especialistas informarán e debaterán nunha mesa redonda sobre a xeoloxía da Serra do Galiñeiro en Tui. Para o mes de maio prepárase unha xuntanza de escaladores galegos nas vías de escalada do Galiñeiro.