Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Unanimidade: o Pleno de Gondomar rexeita o parque eólico na parroquia de Vincios.

Unanimidade: o Pleno de Gondomar rexeita o parque eólico na parroquia de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
200 persoas achegáronse ao Pleno no auditorio Lois Tobío
A plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
O pleno votou por unaminidade a moción
O BNG solicitou novamente que os plenos se celebrasen ás 20h
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

O Pleno de Gondomar votou por unanimidade apoiar á postura da Comunidade de Montes de Vincios que rexeita a instalación dun parque eólico no monte veciñal da devandita parroquia e a inclusión dunha figura de protección do solo da serra na redacción do Plan Xeral de Ordenamento Territorial (PXOM) que o municipio está a facer. A moción foi proposta pola agrupación municipal do BNG e xa estaba consensuada pola comisión de portavoces na sesión do venres 7 de xaneiro.

Nunha sesión de 20 minutos que rematou as 20:20, os nacionalistas leron a moción por parte do concelleiro Pauliño del Río que foi precedida por unha exposición de motivos que fornecía a necesidade de evitar a instalación do parque eólico. A pedido desta agrupación o Pleno decidiu achegar para a súa información e para "que se teña en conta" a resolución á Xunta de Galicia, a Mancomunidade do Val Miñor e a Mancomunidade da Área Metropolitana de Vigo.

Tamén fixo uso da palabra como portavoz do goberno o concelleiro Alfonso de Lis quen avalou os termos da moción e solicitou adxuntar á acta un informe do equipo redactor do PXOM de Gondomar onde consta que o solo de tódala Serra do Galiñeiro está protexida como solo rústico de protección de espazo natural. Segundo informou De Lis trátase da máxima protección xurídica e administrativa que dende o Concello se pode dar. Por outra banda tamén presentou un informe onde a mesma empresa redactora informa que plan eólico da Xunta de Galicia afecta o 30% do territorio de Gondomar entre os montes ocupados na devandita serra e mais a serra da Groba.

Pola súa banda, Pauliño del Río afirmou que O obxectivo do BNG é a protección integral de tódala serra do Galiñeiro no entendido que é a única forma de facelo de forma efectiva.

Plenos ás 20 horas.

Os plenos ordinarios de Gondomar realízanse ás 9 da mañá dende que asumiu o tripartito. A grande cantidade de cidadáns que se fixeron presentes no Auditorio Luís Tobío para presenciar o Pleno extraordinario foi aproveitado polo BNG para solicitar ao equipo de goberno volver a fixar as sesión as 20 horas para permitir a achega masiva dos veciños.