Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Cinco mil persoas asinan alegacións contra o proxecto eólico no Galiñeiro durante as mobilizacións do 14-N.

Cinco mil persoas asinan alegacións contra o proxecto eólico no Galiñeiro durante as mobilizacións do 14-N.

Correo-e Imprimir PDF
voluntarios
DSC02525 (Copiar)
DSC02527 (Copiar)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A marea humana que inundou as rúas de Vigo durante a folga xeral do 14 N permitiu á Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro xuntar 5.000 alegacións contra o proxecto de instalación dun parque eólico no enclave. Voluntarios distribuíron e recolleron os documentos alegatorios durante a mobilización. O colectivo pretende acadar milleiros de documentos antes do 30 de novembro data de peche para as alegacións.

 

A Plataforma tamén dispón dun documento tipo para descargar e asinar na súa web, que pode ser entregado nos seguintes puntos:

O PORRIÑO:

Copistería COPIREY. Na zona de As Torres.

Xoguetería Tia Tata. Nos soportais á beira do Froid.

Desgüaces Novo. En Torneiros, na estrada do Porriño a Pontellas.

TUI:

Cafetería "La Gran Manzana". Na Corredera.

GONDOMAR:

IEM. Avd. da Feira, 10. De 7 a 10 da noite.

Librería LIBRAIDA. Horario de comercio.

VINCIOS: Centro Cultural: Nas oficinas. Horario de oficina.

Na cafeteria: Pola tarde e pola noite.

NIGRÁN:

PATOS.Escola de surf.

A RAMALLOSA. Tenda de fotocopias DUPLICOLOR. Rúa Romana Baixa, nº 3.

VIGO:

Centro: Pi y Margall 53: "Terra, Deporte e Aventura". Horario de comercio.

As Travesas: Avd. do Fragoso 43: "Imaginarte". Horario de comercio.

Cooperativa de consumo consciente ÁRBORE. R/ Arquitecto Pérez Bellas nº 5

Tenda de informática HISPAVIGO. Hispanidade 104.

O MORRAZO:

R/ Palmás 2. DOMAIO. (É a Estrada Provincial).

PONTEAREAS:

I.E.S: A Granxa. Horario escolar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Local de ADEGA. R/ Travesa de Basquiños 9. Horario de oficina.