Xoves, 26 Nov. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Gondomar Un milleiro de persoas e un só berro: Defender a Serra do Galiñeiro.

Un milleiro de persoas e un só berro: Defender a Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
A marcha pola defensa da Serra do Galiñeiro convocou unhas 1.400 persoas. (Imaxe, Xilberte Manso)

Unhas 1400 persoas nun día de chuvia e con néboa circundaron toda a Serra do Galiñeiro para mostrar o seu desexo de protexer este enclave único do sur da provincia de Pontevedra. Un grupo de ciclistas de todas as Rías Baixas abriron a marcha convocada pola Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, e destrás cidadáns de Vigo, O Morrazo, a Louriña, o Val Miñór e de outras bisbarras fixeron o camiño que se quere surcar de aeroxeradores. Grandes cartaces, que oportunamente colocaron os montañeiros, mostraron o impacto paisaxístico, acústico e ambiental da pistas e outras infraestruturas que este polígono requiriría.

Antes de volver ao Parque Forestal do Galiñeiro en Vincios, punto de onde partiron dúas horas e media antes, no vértice xeodésico á 704 metros de altitude, leron un manifesto onde expresaron a súa decidida vontade de defender a serra, emblema de cinco concellos.