Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PP vota negativamente liberar de momento do Parque Eólico á Serra do Galiñeiro.

O PP vota negativamente liberar de momento do Parque Eólico á Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Paco Ferreira denuncia o voto negativo do PP para liberar a Serra do Galiñeiro do parque eólico.

O portavoz socialista Francisco "Paco" Ferreira acusa ao candidato popular Fernando Guitián por "no dar la cara por sus vecinos" e ao PP de ter "doble moral". As manifestacións do candidato socialista están baseadas na decisión tomada polos populares no parlamento galego de non acompañar unha proposición non de lei presentada polos socialistas para dar prioridade aos usos da Mancomunidade de Montes de Vincios por sobre a instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. Ferreira afirmou que "echa en falta que el que presume ser el líder de los populares de Gondomar Fernando Guitián no condene y reproche la decisión tomada por el gobierno de la Xunta", o que daría a entender segundo Ferreira, "que está de acuerdo con la instauración de un parque eólico en A Serra de Galiñeiro, cosa contraria a los socialistas de Gondomar que se oponen frontalmente al mismo".

As declaracións de Francisco Ferreira ten como contexto o rexeitamento dunha moción presentada nese senso pola deputada Sonia Verdes Gil, portavoz do Medio Rural polo PSG-PSOE no parlamento autonómico. A proposta non de lei solicitaba que se atendese as alegacións presentadas pola comunidade de montes de Vincios e que o parlamento instase ao goberno da Xunta de Galicia a declarar a "prevalencia dos valores e do interese social e público do monte veciñal en man común" baseado no disposto na lei 13/1989 que regula os montes veciñais. A medida solicitábase coa intención de deixar sen efecto a declaración de utilidade pública do parque eólico de 39 MW que a Consellería de Economía e Industrias adxudicou é empresa Terra do Vento S.L (propiedade da multinacional Element Power España SL.), para a súa instalación na Serra do Galiñeiro.

Como fundamento, os socialistas argumentaron o impacto ambiental negativo que os xeradores eólicos e tódala infraestrutura cós acompaña terán sobre o patrimonio natural, xeolóxico, arqueolóxico e paisaxístico da Serra do Galiñeiro, un enclave definido por Sonia Verdes de "alto valor cultural e social" para Galicia. A proposta socialista tamén incluía o recoñecemento da serra como "zona de especial conservación, para ser declarada "Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000".

A votación negativa dos deputados do PP na comisión por segunda vez deu por terra coa iniciativa.

Ao igual que o ocorrido o pasado 25 de marzo cando o BNG presentou unha moción de similar contido, os populares rexeitaron aprobar nesta fase do proceso de adxudicación unha decisión de carácter final. O grupo parlamentario do PP non negou de momento a posibilidade de finalmente atender o rogo elevado polo pleno da corporación municipal de Gondomar (de maioría popular) en canto a darlle prioridade aos usos da mancomunidade de Vincios sobre a instalación do parque eólico. Decisión que manifestaron estará sometida aos estudos de impacto ambiental, ao marco legal e ao "cadro social" do concello, segundo o expresado polo deputado popular Pedro Arias.