Xoves, 26 Nov. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Val Miñor Músicos e escritores encabezarán " A Ruta da Agua" na III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Músicos e escritores encabezarán " A Ruta da Agua" na III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF
manifesto galieiro

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro convocou a á terceira andaina polo Galiñeiro. A ruta desenvolverase o domingo 13 de maio a partir das 10:30 horas. O percorrido terá por centro a ribeira do río Zamáns, un dos principais cursos fluviais da serra.

 

Nun alto do roteiro, o escritor Manuel Rivas lerá un manifesto e a continuación terá lugar a lectura de poemas por parte dos escritores Pepe Pepe Caccámo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira.

A actividade rematará cunha actuación musical a cargo de Tino Baz, Cantareiras do Alba e Leo Arremecághona.

Para descargar o díptico da andaina: Preme aquí

Para descargar o cartel divulgativo: Preme aquí.