Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Suspendese o Pleno de Gondomar ante unha protesta con pitos e berros de colectivos de desempregados e afectados polas preferentes.

Suspendese o Pleno de Gondomar ante unha protesta con pitos e berros de colectivos de desempregados e afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
gondomar-preferentes-pleno

-Adianto do vídeo informativo cos incidentes no Pleno que están a elaborar os colegas de Gondomar.tv

A berros e pitos os colectivos que acollen aos cidadáns afectados polas preferentes de NGB e mais un grupo de veciños en situación de desemprego no Val Miñor interromperon a sesión do Pleno de Gondomar cando ían corenta minutos da sesión. O alcalde Fernando Guitián baixou do esceario do Auditorio Lois Tobío, onde se sitúa a mesa, para conversar cos manifestantes os cales lle comunicaron que non deterían a "sonora" protesta. Ante a imposibilidade de manter o normal desenvolvemento do Pleno a sesión foi suspendida.

 No momento en que os edís abandonaban o Auditorio Lois Tobío, membros da plataforma abordaron ao concelleiro nacionalista Emilio García Crego, ex director da oficina Caixanova de Gondomar , algúns para reclamarlle o seu apoio á ocupación que están levando acabo no Concello e outros -cos ánimos máis exaltados- directamente increpáronlle a súa participación na venta de preferentes e accións subordinadas.

García Crego, como xa o ten feito noutras ocasións, quedouse a falar cos afectados, e ofreceulles manter unha xuntanza para abordar o tema nun marco máis sereno, segundo relataron a Valminor.info fontes presentes no incidente.

Os compañeiros de Gondomar.tv están a preparar un informe completo dos incidentes do que ofrecemos un adianto.

Dim lights Embed Embed this video on your site