Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Axenda cultural en Nigrán có gallo do Día das Letras Galegas 2018

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz Día das letras Galegas 2018Nigrán prepara un mes cargado de actividades có gallo do Día das Letras Galegas 2018. 

A homenaxeada este ano é a escritora e profesora María Victoria Moreno, un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura comprometida coa lingua e coa cultura de noso. Para impulsar esta homenaxe, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTV, en colaboración da familia da autora, promoven unha programación especial de iniciativas diversas por todo o territorio, co fin de dar a coñecer e de poñer en valor a obra de María Victoria Moreno.

Ampliar imaxe para ver programación.

 

 

Concerto de acordeóns para celebrar o Día da Nai en Chaín.

Correo-e Imprimir PDF

chain vistaO Centro Cultural A Merced de Chaín convida a todos os veciños e público en xeral ao concerto de acordeóns a cargo do grupo Mascarenhas de A Guarda que terá lugar este sábado ás 20:30 horas na planta baixa do local social a fin de garantir o acceso ás persoas con mobilidade reducida.
Este ano Mascarenhas conmemora o seu XX aniversario enriba dos escenarios "e nós con eles celebramos o día da nai. Agasallaremos ás mamás que asistan ó evento cun presente", sinalan dende o centro.

Música, maxia e lectura con Carlos Casares na biblioteca de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Álvaro Muras e Martín Camiña | Foto: Alvaro MurasCo gallo do día das letras galegas, o próximo sábado 13 de maio ás 12:00 h na sala de lectura de adultos da Biblioteca Municipal de Nigrán terá lugar un espectáculo de maxia e música a cargo de Álvaro Muras.

A actuación está enmarcada no programa da Xunta "Ler Conta Moito 2017" para a Rede de Bibliotecas de Galicia 

Rubén de Lis: o violão de Gondomar que “agita o Brasil”.

Correo-e Imprimir PDF

001-foto-selfie-banda

As tres horas de diferenza con Brasil non sempre as ten presente. "¿Qué tal hermanito?" dispara o Messenger que esquecín silenciar. Hai dous novos discos na rúa e un tour polo Brasil que ben pagan a pena postergar o sono. "Rubén, chámote polo Whatsapp". Como sempre estaremos máis dunha hora falando, el dende a miña América eu dende o seu Gondomar.

O único que vou adiantar é o final da conversa porque sempre é igual: "Bendiciones hermanito, ¡bendiciones!". Rubén de Lis é unha guitarra (violão en Brasil) gondomaresa que voa cargada de flamenquito, pop, rock, dance e vilancicos. Músicas do mundo que aprendera dende os 9 anos nas beiras do Miñor e que agora "agita o Brasil", como ben di a xornalista brasileira Bel Gimenez na "apresentaçao de "O melhor de min" e "Chegou Natal", as novas discografías deste miñorán con sotaques paulistas.

Atópoo eufórico. "Veño de tocar ante doce mil persoas en Río de Janeiro". Penso que iso é equivalente a case toda a veciñanza de Gondomar nun local de concertos. "Vai foto, mando foto", avisa. "Agora seguimos até Nadal con concertos en São Paulo, Fortaleza, Maceió, Pernanbuco, Pará ... e outros que están por verse".

Galicia Bilingüe protesta por un cartel do Día das Letras do CPI de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

O cartel que GB asegura ofende aos castelán falantes.A asociación que dirixe Gloria Lago critica á dirección do CPI de Panxón e á Xunta por non retirar un cartel que convida aos nenos a falar en galego.

“Fala galego, non sexas lelo”. É un cartel que se atopa, segundo denuncian, no vestíbulo así como na web do centro educativo de Panxón. Foi a peza gañadora do concurso de carteis do pasado Día das Letras Galegas e, desde entón, a súa función é tentar reivindicar a necesidade de que os nenos e nenas utilicen este idioma nunha zona onde está en fondo retroceso.

Sen embargo, a Galicia Bilingüe ese cartel non lle gusta, nin que fora o gañador do concurso das letras galegas, nin que se poida ver na entrada do centro. “Non es una forma sensata y aceptable de promocionar una lengua, ni de fomentar los valores de tolerancia y respeto que se les pide a los profesores que inculquen a sus alumnos”, asegura a súa presidenta, Gloria Lago, nun vídeo dramatizado sobre este caso.

Galicia Bilingüe asegura que vai por dúas veces que pediu a súa retirada. Foi a raíz de que o pai dunha nena de Primaria, matriculada no mesmo centro, acudira a esta asociación para pedir asesoramento e axuda xa que entende que é “discriminatorio” para os que teñen o español como lingua vehícular.

Por iso, e porque consideran que ese cartel debe de ser retirado, Galicia Bilingüe presentou unha solicitude dirixida ao Inspector Xefe de Pontevedra, Manuel Torres Vizcaya, que, polo momento, non obtivo resposta.

De feito, esta asociación critica que este sexa o mesmo inspector ao que denunciaron “dous claros casos de adoctrinamiento nacionalista no ensino” sen que as súas queixas fosen atendidas, tendo que acudir ao Valedor. Por iso, agardan non ter que acudir, novamente ao Valedor, no caso do cartel do centro de Panxón.

Pese a que Galicia Bilingüe profese unha defensa en igualdade do uso dous idiomas así como de respeto, o certo é que os comentarios de simpatizantes lanzados no seu perfil en Facebook non están sendo moderados nese sentido onde poden entremezclan cuestións políticas, nacionalismo, e comentarios despectivos hacia o idioma propio de Galicia.

TM1 Captura o día xoves 15 de setembro ás 11:49h

Actualización.

A presidenta de Galicia Bilingüe púxose en contacto con esta redacción asegurando que a nota desta información era "sesgada" polo feito de que no último párrafo se aseguraba que os comentarios "eran de simpatizantes de GB", e que a captura da pantalla anterior non reflexaba as resposta que terían feito dende a propia asociación.

Esta redacción revisou novamente os comentarios a data 15 de setembro e hora 14:37h, é dicir apenas tres horas máis tarde, e pese ás posteriores respostas de distintos usuarios non existe resposta ningunha a título da propia asociación Galicia Bilingüe, e si unhas respostas posteriores doutros usuarios.

Captura o día xoves 15 de setembro ás 14:50h

 

Acto solidario en Valadares coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui-Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

Preparan o I Certame Solidario que se desenvolverá no Pavillón do Centro Cultural de Valadares o vindeiro sábado 9 de xullo. O evento convida a participar dunha masterclass de zumba a cargo de Pilar Gómez, Nuria Méndez, Ana Freiría e Saul. A continuación terá lugar unha clase de movemento, respiración e relaxación, a cargo de Nora Bentancourt. A actividade rematará cunha exhibición de danza a cargo da Escola Mediapunta de Vigo. As actividades darán comezo ás 18:30 horas.

Xistra do Coruxo e seis grupos tradicionais de Gondomar animarán a V Xuntanza de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza o vindeiro sábado 2 de xullo a súa V Xuntanza Folclórica no torreiro parroquial. Os espectáculos darán comezo ás 20 horas coas participacións de Os Romanteleiros (Mañufe), Grupo de Baile e Gaitas Fíbulas-Swaroskys (Mañufe), Grupo de Gaita e Baile do CC A Merced de Chaín, Grupo Balcón do Miñor (Morgadáns)e Grupo de Música Tradicional e Pandereteiras do CC de Vincios.

O evento tamén contará coa posta en escena do grupo folk Xistra do Coruxo.

No encontro se poderá disfrutar de pinchos e bocadillos a prezo populares.

Este acto está organizado pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe , colaborando a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.

Tras 23 días de mobilizacións os traballadores do Meixoeiro levantan o peche no hospital.

Correo-e Imprimir PDF

meixoeiro-2Os traballadores do Hospital Meixoeiro decidiron na tarde deste xoves rematar co peche que mantiñan no interior das instalacións para rexeitar o desmantelamento do centro médico.

Antes de desaloxar as instalación desenvolveron un acto simbólico para poñer fin a unha mobilización que se prolongou durante 23 días.

Ao mesmo tempo emitiron un comunicado onde sinalan que "A Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo e a plataforma "SOS Meixoeiro" comunican á opinión pública que, na Asemblea celebrada hoxe, decidimos rematar co peche na entrada do H. Meixoeiro que se iniciara o día 1 de xuño. Facemos unha valoración moi positiva do resultado desta mobilización pois fomos quen de poñer de manifesto na cidadanía a situación do H. Meixoeiro, que non é máis que o resultado da política de recortes e privatizacións da Consellería de Sanidade".

A Deputación aproba o cofinanciamento 2016 para os servizos sociais municipais

Correo-e Imprimir PDF

mans coloresAchegaranse máis de dous millóns de euros para os 53 concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes que poden así facer fronte aos servizos sociais comunitarios básicos. Os concellos miñoranos de Baiona, Gondomar e Nigrán recibirán as achegas por ter presentadas a tempo as respectivas solicitudes, segundo da conta a comunicación provincial.

A Xunta de Goberno vén de aprobar o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais en 2016 para os cincuenta e tres concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, cun importe global de 2.120.177,43 €. A finais de maio rematou o prazo para que os municipios presentasen as súas solicitudes para adherirse a este Plan, polo que agora a Deputación lle dá o visto bo. Así mesmo, o Goberno provincial aprobou o pagamento anticipado do 35% do importe das achegas concedidas aos concellos ao abeiro deste plan, en concreto, un total de 742.061,95 € para os cincuenta e tres municipios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL