Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion A resaca inconclusa

A resaca inconclusa

A problemática electoral II.

Correo-e Imprimir PDF

{plusone}

Efectivamente, a dereita está encantada de terse coñecido. A maioría absoluta da que anteriormente falei fíxose realidade e por se fose pouco o señor do partido dos desmemoriados acadou representación en Baiona. A única vila de todo o país que ten nos desmemoriados un concelleiro. Baiona, coma sempre, á vangarda da política nacional. Tal e como esperabamos non houbo cabida para a sorpresa, pese a que había quen vaticinaba unha dolorosa derrota da dereita e ofendidos, reprobaban punto a punto o exposto no meu anterior artigo. Pensaban, digo eu, que lles estaba contando un conto chino ou talvez negaban con intención a realidade e agora debruzáronse diante dela, enténdase realidade polos últimos trinta anos da política municipal. Estamos nunha vila conservadora, a partir de aquí hai que empezar a traballar. O señor Almuíña xa posúe o tan apetecido cheque en branco, veremos cantas e cantas vai facer o alcalde en catro anos sen ninguén que lle chiste.

A problemática electoral.

Correo-e Imprimir PDF

carteleria_baionaParece ser que a única incógnita que planea a vila de Baiona é a de se conseguirá o PP a maioría absoluta ou se por contra o novo partido que pariu a política baionesa, que resulta ser o partido dos desmemoriados, é capaz de rabuñarlle un concelleiro ao señor Almuíña deixándoo composto e sen maioría. Non hai máis volta de folla. Así será. Así o di todo o mundo. Deste xeito, o candidato do partido dos desmemoriados seguiría chuchando do erario público como xa fixo estes últimos catro anos o señor Vilar, o do partido dos do bandullo cheo. Será como unha carreira de relevo, nin máis nin menos, cóllea ti que a min xa me dá risa. De tódolos xeitos, de conseguir a maioría, o PP tería un fabuloso cheque en branco para facer o que lles veña en gana…é dicir, nada de proveito.

Baiona en boas mans.

Correo-e Imprimir PDF

Non hai moito tempo, se cadra uns poucos meses, comprobei nunha das tantas novas que ían incorporando á rede os compañeiros do grupo de facebook A Palma é nosa!, do que son orgulloso e activo membro, unha páxina escaneada dun vello xornal do ano 92. A folla en cuestión resultaba ser unha entrevista omnipresente e esmagadora na que un tal Manuel Vilar pousaba enchido e transcendente, esbozando un sorriso cínico e apocalíptico, cunha barba pesarosa típica de finais dos oitenta, sostendo un paraugas na varanda do balcón do que por aquela era o concello de Baiona. O titular daquela entrevista respondía ás arelas épicas que naquel intre comportaba Vilar, habitual dominador do imaxinario político baionés nos últimos vinte e cinco anos, arelas que nunca máis desbotaría e que sempre lle acompañarían alá onde el estivera. A actitude do entonces alcalde foi demoledora: “Creo que sigo teniendo a Baiona en la palma de mi mano”, frase pronunciada pouco tempo despois de que tiveran desaloxado da Palma a aqueles “sinistros” fulanos que acampaban no parque, e despois de se saber gañador indiscutible das municipais daqueles anos. Véxase tamén o xogo de palabras, talvez intencionado, coa Palma como protagonista. A soberbia e a ambición ficarían para sempre gravadas a lume na conciencia de todos nós, de todos aqueles que quixemos e queremos para a vila outra forma de gobernar, outro xeito de levar o temón do noso barco.

Xa está aquí.

Correo-e Imprimir PDF

arribada_cartel_antigoXa está aquí. Xa podemos ata cheirar o chourizo metidiño no pan cunha cunca de viño do País ben á beira. Temos no lombo a Arribada. Case sen darnos conta pasou un ano e velaquí aparece de novo. Hai ben pouco falaba da festa cos amigos; da súa utilidade, dos seus inicios, do seu contido histórico e do seu valor para a vila de Baiona.

A última ecolalia do Ferreiro do Burgho

Correo-e Imprimir PDF

volta-dos-noveQuizais sexa un dos sucesos máis pavorosos e tristes acontecidos no noso val. Moito se ten escrito sobre os nove da volta de Baredo, moito se ten falado, e a vinganza acabou convertendo aquel terrible suceso nunha extraordinaria historia de resistencia e rebelión contra o tempo e a desmemoria. Cómpre salientar a labor do IEM para con este feito, responsables do monumento que arestora preside a devandita volta. Tamén poetas da talla de Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Anxo Angueira, Xosé María Álvarez Cáccamo ou Fran Alonso teñen poetizado aquel agromar das cruces na area, aparentemente dende a nada. Xa que logo, velaquí a miña achega aos nove, A última ecolalia do Ferreiro do Burgho, poema premiado no certame Rosalía de Castro de Cornellá, onde trato de internarme no corpo dun daqueles homes nun momento coma ese.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL