Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais
Contidos

#BuscaCadelosVM Na procura dos donos dunha cadela Yorksire atopada en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da yorksire atopada en Gondomar

O lector Xosé Pérez Iglesias @XoseGz envíanos unha mensaxe advertiendo que atopou onte unha cadeliña yorksire na estrada de Gondomar - Tomiño, e pide colaboración para atopar aos seus donos. A cadela non ten chip

E ao final salvounos a herba! - Crónica portAmérica 2014

Correo-e Imprimir PDF

portAmérica 2014 - © Fotos Oscar PinalComplicado sintetizar vinte e un concertos, oito suspendidos por raios e vinte e catro pratos de alta cociña. Un Portamérica, o terceiro, accidentado con final feliz.

Reportaxe PortAmérica 2013

Correo-e Imprimir PDF

Unha reportaxe de Oscar Pinal para valminor.info.

O sábado no Portamérica

Correo-e Imprimir PDF

Arizona Baby - Foto Oscar PinalDespois do cartel do xoves, o do venres e o do sábado non conmovían moito pero o último día do PortAmérica abarrotouse o recinto como non, outra vez, con Vetusta Morla. Malia que a banda non traía novo disco e repetiu os éxitos de “Mapa” e “Un día en el mundo”, conseguiu xuntar de novo unha marea de fans loucos por cantar xa afónicos de corear a Supersubmarina. Molan os chimpos contaxiosos do vocalista Pucho, dun lado para outro, e ese espírito comprometido que puxo sobre as mans levantadas dos que escoitan pampos, con máis ganas de pasalo ben ca de indignarse, a frase de moda nas redes: “Dimitir, non é un nome ruso”. E un caramelo deixou para a despedida, ao outro lado da ría ao día seguinte habería unha sorpresa “Hasta aquí puedo leer”. ( O domingo tocaron en petit comité na sala Aturuxo de Bueu ).

AGE Val Miñor comprométese a estar presente “nas institucións e na rúa”logo de avaliar os resultados do 21-O.

Correo-e Imprimir PDF

arauxo-cuevasTras avaliar a xornada electoral do pasado 21-O Alternativa Galega de Esquerda (AGE), José Cuevas (EU-Nigrán) salientou que os resultados obtidos no Val Miñor, colocan á coalición electoral formada por Esquerda Unida, ANOVA, EQUO e o Colectivo Ecosocialista, como terceira forza política, sendo a segunda forza en Gondomar. AGE obtivo na comarca 3.418 votos, que representan o 15,37% dos votos validos, porcentaxe superior ao obtido pola candidatura tanto en Pontevedra como en Galicia. Nese senso, Cuevas manifestou que AGE fai público o seu agradecemento " ás persoas que depositaron a súa confianza na súa candidatura dándolles o seu voto".

A abstención foi superior á forza política máis votada no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Fonte Xunta de Galicia

- O PP confirmase como forza maioritaria en toda a bisbarra e obtén 41 escanos no Parlamento de Galicia pese a obeter menos votos que en 2009.

- Alternativa Galega de Esquerda consolídase como 3ª forza política no Val Miñor e Galicia.

Pepe Valverde (CXG): " son moitas as voces e os foros que pretenden abafar o noso pulo".

Correo-e Imprimir PDF

foto-mitin-III-Onte a noitiña, desafiando ao outono e mesmo a la "Roja", Compromiso Por Galicia (CXG), fixo a súa estrea política no Val Miñor.

Nun acto celebrado o pasado mércores na Casa da Cultura de Gondomar e diante dunha "máis que satisfactoria concorrencia de público", segundo os organizadores, as tres candidatas ao Parlamento de Galicia por CXG, a avogada Natalia Costas, a escritora e profesora de Arte Dramático Inma López e a química industrial e emprendora Sandra Araúxo, após da presentación de Pepe Valverde, expuxeron en detalle o programa político desta formación galeguista.

Antonio Araúxo (AGE): " a xente é consciente do poder do seu voto".

Correo-e Imprimir PDF

vilar-arauxo-cuevas-Alternativa Galega de Esquerdas celebra o mitin central en Gondomar, este mércores ás 20:30h no Auditorio Lois Tobío.

Xosé Antonio Araúxo destacou a asistencia de "xente moza e de persoas que até agora estaban fóra da vida política activa" como aspecto máis salientable da campaña de Alternativa Galega de Esquerda cara ás eleccións autonómicas. O ex alcalde de Gondomar ratificou a necesidade " de que esta participación se traslade ás urnas", co xeito de posibilitar o "cambio de rumbo" na Xunta de Galicia. A coalición de esquerdas celebrará o seu mitin central no Val Miñor este mércores 17 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

O BNG propuxo aos comuneiros do Val Miñor recuperar a "capacidade de decisión" fronte aos parques eólicos.

Correo-e Imprimir PDF

bng-montes- O BNG rematou esta fin de semana os encontros sectoriais cunha xuntanza coas Comunidades de Montes en Man Común do Val Miñor na que estivo presente a candidata número 6 do BNG pola provincia de Pontevedra, Marta Dacosta.

-O Bloque pecha nesta campaña electoral os seus encontros coa cidadanía das parroquias de Gondomar cunha charla-coloquio na parroquia de Borreiros este mércores 17 de outubro no Centro Cultural de Borreiros ás 20:30 a que contará coa participación de Ana Bringas e Santiago Veloso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL