Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais
Contidos

Jorge Sanromán.” cada vez más familias tienen que acudir a organismos benéficos para poder sobrevivir”.

Correo-e Imprimir PDF

jorge soto_sanroman_UPyD-UPyD afirma que medran as solicitudes de axuda por parte dos veciños ás ONGs para sobrevivir.

-Jorge Soto Sanromán afirma estar canso de que o alcalde Valverde non de trámite ás iniciativas que ante esta problemática presenta UPyD dende que asumiu o popular.

O ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón estará presente no mitin do PP en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Alberto-Ruiz-Gallardon-descarta-el-aborto-de-menores-sin-consentimiento-paterno-400x300O Partido Popular anuncia a presenza do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón nun mitin a celebrarse este martes en Nigrán. O actual membro do Executivo español, acompañará ao alcalde popular Alberto Valverde no acto electoral que terá lugar no Hotel Miramar ás 17 horas.

O BNG desenvolverá este luns mitins simultáneos en Chaín, Vilaza e Donas.

Correo-e Imprimir PDF

acto-bng-gondomarO BNG desenvolverá tres mitins nas parroquias de Gondomar. Os actos terán lugar este luns 15 de outubro no Centro Cultural de Donas ás 20 h., no Centro Cultural de Chaín ás 20.30 h. e no Centro Cultural de Vilaza ás 20.30 h. Nos actos intervirán Antón García e Manuela Rodrígue (en Chaín), Helena Quintas, Carlos Méndez e Alfredo López (en Vilaza), e Álvaro Lores e Ana Bringas (en Donas).

O PSOE abre a súa campaña no Val Miñor cun mitin en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

psoe-pontevedra-candidatosO PSG-PSOE desenvolverá o seu primeiro mitin no Val Miñor, cara ás autonómicas do 21-O en Baiona. O acto onde se presentarán as candidaturas e o programa electoral socialista, terá lugar este sábado ás 20 horas no Multiusos Angel Bedriñana, na Praza de Abastos da Vila Real.

Encontro do BNG coas Comunidades de Montes no Centro Neural de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

marta-dacosta-ana-bringasNo marco da axenda de encontros que o BNG está a desenvolver no Val Miñor con diversas plataformas e sectores socias da bisbarra, o vindeiro sábado 13 terá lugar un encontro coas Comunidades de Montes. Na oportunidade, Marta Dacosta (candidata nº 6 polo BNG en Pontevedra), dialogará cos comuneiros e presentará as propostas do Bloque cara ás autonómicas do 21-O. O encontro terá lugar no Centro Neural de Gondomar ás 19:30 horas.

AGE insiste na necesidade dunha cidadanía máis participativa e "botar da Xunta ao PP" para saír da crise.

Correo-e Imprimir PDF

vilar-arauxo-cuevasTraballo e a problemática da emigración dos novos foron as principais inquedanzas achegadas pola mocidade aos candidatos de Alternativa Galega de Esquerda na charla coloquio desenvolvida o pasado mércores na Praza de Abastos de Baiona. Logo das intervencións do historiador nacionalista Xosé Lois Vilar e os candidatos por Pontevedra, Xosé Antonio Araúxo e mais José Cuevas, tivo lugar un espazo no que o público asistente verteu preguntas e opinións sobre a actualidade de Galicia e o seu futuro.

O BNG celebrará esta tarde un encontro coa mocidade do Val Miñor en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

marta dacosta_bngOs candidatos do Bloque Marta Dacosta (Gondomar) e Xavier Rodríguez (Nigrán) dialogarán este xoves pola tarde coa mocidade miñorana nun encontro aberto a celebrar en Gondomar. O mesmo terá lugar no Centro Neural de Gondomar (ao lado do campo de fútbol d'As Cercas), a partir das 19:30 horas.

O BNG chama "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

acto-bng-gondomarO Bloque Nacionalista Galego pediu o voto dos cidadáns miñoranos para "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin celebrado onte na Casa da Cultura de Gondomar. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, defendeu que só hai un camiño: "depositando a confianza no Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 21 de outubro". Na súa intervención asegurou que o BNG "nunca favorecerá os recortes, como fan outras forzas políticas en Andalucía ou Estremadura",en directa alusión ao PSOE e Esquerda Unida.

O miñorán Xosé Antonio Araúxo encabeza a xira electoral de AGE no Val Miñor e o Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

arauxo-cuevasO gondomareño, Xosé Antonio Araúxo, coordinador nacional de ANOVA inicia esta tarde unha intensa xira polo Val Miñor e o Baixo Miño para presentar as propostas electorais de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). O ex alcalde nacionalista de Gondomar, percorrerá distintos puntos da xeografía do sur de Pontevedra, acompañado principalmente de candidatos locais que integran a coalición de esquerdas que lideran Xosé Manuel Beiras (ANOVA-Irmandade Nacionalista) , Yolanda Díaz (EU) así como os partidos EQUO Galicia e Espazo Ecosocialista Galego

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL