-UPyD afirma que medran as solicitudes de axuda por parte dos veciños ás ONGs para sobrevivir.
-Jorge Soto Sanromán afirma estar canso de que o alcalde Valverde non de trámite ás iniciativas que ante esta problemática presenta UPyD dende que asumiu o popular.
A subida nun 15% do índice de poboación de Nigrán en situación de desemprego nos últimos 12 meses leva a que "cada vez más familias tienen que acudir a organismos benéficos para poder sobrevivir", asegurou esta tarde o portavoz de UPyD local, Jorge Soto Sanromán, logo de presentar unha moción para fomentar o emprego no municipio. A proposta sostén a necesidade de crear unha comisión informativa honoraria integrada por empresarios, sindicatos e partidos políticos, que faga un seguimento da problemática e elabore unha axenda cara ao desenrolo económico e o fomento do emprego.
A crise pola que atravesa a veciñanza "se traduce en que cada vez hay más familias en estado de desesperación porque no tiene ingresos para mantenerse dignamente, o que incluso no pueden pagar las facturas más básicas como la hipoteca o el alquiler, la electricidad, el agua o el teléfono y muchas veces no les llega, ni siquiera, para hacer la compra diaria", afirmou Soto Sanromán.
Nese senso, sinala que cada vez máis familia de Nigrán se achegan a pedir axudas a institución privadas, ONGs, "como pueden ser Cáritas o Cruz Roja, así como que todos somos conocedores de que familiares o amigos cercanos se están haciendo cargo de la difícil situación económica de sus allegados".
A iniciativa, tamén contempla unha modificación á bolsa de emprego que xestiona o Concello, que de prioridade aos colectivos que sofren un paro de longa duración, á mocidade e persoas con especias dificultades de integración no mercado laboral.
UPyD presentou a súa proposta de moción por Rexistro Municipal, para coñecemento da alcaldía, posto que esta agrupación non conta con representantes no actual Pleno da Corporación. Para a súa inclusión na orde do día do vindeiro Pleno de outubro, a moción deberá contar coa aprobación do rexedor municipal. Feito que o portavoz de UPyD adianta que como noutras ocasións "nuestro alcalde, a pesar de la importancia para los ciudadanos de dicha moción, estamos seguros que no la llevará al próximo Pleno de Octubre."
O diputado nacional de UPyD Toni Cantó, estará esta tarde en Nigrán para dar unha rolda de prensa logo de manter unha conversa cos mariñeiros de Panxón.