A libraría LIBRAIDA convídao a presentación do libro "As últimas galerías" (Editorial Galaxia), de Xosé María Álvarez Cáccamo . O acto celebrarase o martes, 29 de marzo ás 20:30 na libraría. Presenta o profesor Carlos Meixome
Contarase coa presenza do autor. A obra foi finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2016.
Presentación de “As últimas galerías” de Pepe Cáccamo en Gondomar
O Entroido de Nigrán queda aprazado para o venres 19 de febreiro.
O Concello de Nigrán veuse na obriga de pospoñer de novo o desfile de Entroido ata o vindeiro venres 19 de febreiro por mor das malas condicións meteorolóxicas. Como novidade, a celebración realizarase pola noite, a partir das 21.30 horas, e á programación inicial engádese un peche de festa na praza do consistorio amenizado por un grupo musical.
O profesor Antonio Piñeiro conducirá un seminario sobre a vida de Xesús en Sabarís.
O catedrático especializado en lingua e literatura do cristianismo primitivo, Antonio Piñeiro dará inicio este luns 8 de febreiro un seminario que levará por título "Investigación sobre Xesús" . Transcorrerá de 18 a 19:30 horas no Mercado Tia Ni (Julián Valverde 36, Sabaris-Baiona).
O ciclo estará orientado a todo o publico interesado nas orixes do cristianismo na figura de Jesús de Nazaret e a súa repercusión cultural na formación do Novo Testamento nunha linguaxe sinxela e claro con posibilidade de preguntas e respostas ao final de cada sesión.
Antón Riveiro Coello presentará “Os elefantes de Sokúrov” na libraría Libraida de Gondomar.
O libro gañador do Premio Fervenzas Literarias 2015 ao Mellor Libro de Narrativa será presentado polo autor na Libraría Libraida. Contará cunha introdución a cargo do historiador Carlos Méixome Quinteiro. O acto celebrarase este xoves, 11 de febreiro ás 20:30 na libraría. Ao finalizar, o escritor asinará exemplares aos lectores.
O Concello de Nigrán organiza un obradoiro gratuíto de elaboración de galletas decoradas con fondant.
A concellería de Cultura, Turismo, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza o vindeiro Mércores día 10 de Febreiro un obradoiro de galletas decoradas con fondant e motivos de San Valentín.
O lugar de realización será no restaurante Queimada, en Parada, e terá unha duración de 2 horas. Os alumnos aprenderán técnicas de manexo e moldeado de Fondant, de preparación da masa das galletas, e de decoración e de empaquetado das mesmas.
“TRAVESEO. PRAGMATISMO” Exposición de ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO no IEM.
O vindeiro venres 29 de xaneiro, ás 8:30 da tarde, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Alfonso Soliño Troncoso inaugura unha exposición de escultura e pintura que recolle o resultado das súas investigacións espaciais e obxectuais dos últimos dous anos, aínda ben se incorporen algunhas pezas anteriores.
Espectáculo de clown para os máis cativos en Nigrán
A concellería de Cultura, Turismo, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza o vindeiro Sábado 30 de xaneiro un espectáculo de clown para o público cativo co que abrirá os actos do Entroido 2016 no municipio.
"Os nenos e nenas poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles dun xeito didáctico e moi divertido, con elementos que sacará da súa maleta : perrucas, traxe , zapatos , maquillaxe, nariz ... "
Inscricións abertas para un curso de cestería tradicional en Chandebrito
A Asociación "Chandebrito 1807", abre inscricións para un curso de cestería tradicional de madeira e vimbio, que terá lugar na Escola Infantil de Chan de Brito na Rúa da Igrexa 2.
Datas e horario: Tódolos luns dende o 1 de Febreiro ata o 28 de Marzo, de 18:00 a 20:30 h.
Inscricións: No correo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia, e enderezo de correo electrónico.
Publican as bases para optar por algunha das 200 bolsas de traballo na provincia de Pontevedra.
O BOP publicou as bases para optar a 200 bolsa de traballo. As mesmas están destinadas a persoas con títulos universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL