O BOP publicou as bases para optar a 200 bolsa de traballo. As mesmas están destinadas a persoas con títulos universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.
A convocatoria ten por finalidade promover e completar a formación dos graduados en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.
Os interesados poderán optar segundo titulación e especialidade a traballos na deputación ou segundo o caso nos concellos pontevedreses que participan deste plan de emprego do ente provincial.