O próximo mércores dÃa 18 de febreiro ás 20 h. procederase á inauguración da exposición: Unha ollada pola transición, a través dos adhesivos. No acto inaugural, que terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar, intervirá o director do Instituto de Estudos Miñoranos Carlos Méixome e o Concelleiro de Cultura de Gondomar Xosé LuÃs Mosquera, asà como Anxo Terán en representación do Café Rañolas, promotor desta iniciativa cultural.
Entrega do Premio "Lingualaxe"
Tertulias do IEM con Daniel Pino
O venres 16 no Hotel BahÃa Baiona ás 20:30 poderemos asistir á Tertulia do Instituto de Estudios Miñoranos con DANIEL PINO, sociólogo e urbanista.
Presenta: Alfonso Soliño, Arquitecto técnico.
Daniel Pino, foi, entre outras moitas cousas, premio Nacional de Urbanismo no ano 1981 polo seu traballo do Plano Especial de Protección do Pazo de Oca e o seu entorno (A Estrada) e Premio Europeo de Urbanismo e Planificación rexional (1994) polo traballo de Ordenación e Recuperación
Integral do Canxunto Histórico de AllarÃz e o seu rÃo. Na actualidade traballa na redacción do PXOU de Vigo
Presentación do anuario do Instituto de Estudios Miñoranos
O próximo venres 14 de novembro ás 20:30 h. no Café Rañolas (Rúa Otero Pedrayo, 3) de Gondomar terá lugar a presentación do número 3 da Revista de Estudios Miñoranos correspondente ao ano 2003.
No acto participarán o arquitecto Xaime Garrido; o estudioso dos petroglifos Francisco Xabier Costas Goberna e o escultor Fernando Casás, colaboradores os tres neste número, asà como os profesores Bieito Legaspi e Carlos Méixome, membros do Consello de Redacción da revista.
"Os nosos escritores" con Anxo Angueira
O Instituto de Estudios Miñoranos achega na súa cita "Os nosos escritores"
a conferencia con Anxo Angueira no salón de sesións do Concello de Nigrán o vindeiro venres 21 ás 19 horas.
Relato do autor O catorce de Vilachán. (na Voz de Galicia)
Era o catorce de Vilachán e habÃa que erguerse cedo, de madrugada. El, Meu Pai, sabÃa o camiño cos ollos pechos. Subimos á Chisca pola Tomada entre o mouchear dos mouchos. Meu Pai, El, avelloado, parou na Campa. OÃase o rebulicio no fondal da Riaseira, contra Xei, de toda a paxarada por antre as cerdeiras en flor de néboa ó raia-lo dÃa. Collemos a congostra costenta de Espiñeira e fomos saÃr por tras do pÃncaro do Pedregal. Oubeou o lobo. O lobo oubea ó entrares en terras de Lousame.
Tertulias do Instituto de Estudios Miñoranos 03-04
O Instituto de Estudios Miñoranos acheganos unha nova edición do seu programa "Tertulias do IEM:O autor e a súa obra" para esta tempada 2003-2004.
A primeira tertulia terá lugar o próximo venres 7 de novembro, ás 20:30 h. Nos locais do HOTEL BAHÃ?A de Baiona. Nesta ocasión o relator será o escritor e profesor Xosé LuÃs Méndez FerrÃn que ven de gañar o 1º Premio de Xornalismo Nano Cambeiro. A presentación do convidado correrá a cargo da profesora Concha Costas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL