Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Obradoiro de Investigación Arqueolóxica en Prehistoria

Correo-e Imprimir PDF
Entre o luns 22 e o venres 26 de novembro o IES â??Auga da Laxeâ?? de Gondomar acollerá un Obradoiro de Investigación Arqueolóxica en Prehistoria que pretende achegar ao alumnado do Val Miñor e á cidadanía en xeral a aplicación do método científico no estudo da Prehistoria, baseándose no xacemento paleolítico de Chan do Cereixo, na Portavedra (Gondomar), descuberto por Xaime Garrido en 1978.

Vacacións para lembrar

Correo-e Imprimir PDF

Na Residencia do Tempo Libre de Panxón, un ano máis vaise ddesenvolver neste centro, o programa  "Vacacións para lembrar", que organizan conxuntamente a Consellería de Emigración e mais a  de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia dirixido ós galegos que residen en poboacións fora da noo país  e en paises da Unión Europea.

Xosé Ramón Barreiro Fernández abre as Tertulias do IEM 2004

Correo-e Imprimir PDF
As TERTULIAS, que se prolongaran ata o mes de maio, serán clausuradas polo escritor Manuel Rivas

 Por terceiro ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha as TERTULIAS DO IEM que teñen como fin achegar ata o Val Miñor diversas persoas que teñen destacado nas súas respectivas actividades para que compartan con todos nós as súas experiencias durante unha xornada. O esquema deste ano mantense como o anterior, esto é primeiro haberá unha conferencia coloquio, sempre no día venres, preferentemente o primeiro de cada mes, que comezará ás 20:30 h e logo unha cea-coloquio á que se pode asistir mediante reserva previa.

Actos Culturais da Asociación Eliseo Alonso do Baixo Miño

Correo-e Imprimir PDF
Amigo/as:

A Asociación Cultural "Eliseo Alonso" do Baixo Miño, con quen o Instituto de
Estudos Miñoranos ten asinado, hai tempo, un convenio de colaboración, ten
unha semana ben chea de boas e interesantes actividades culturais ás cales
quere convidarvos.

Premio Nano Cambeiro para Del Riego por un artigo sobre o Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Francisco del Riego

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO constituído polo Instituto de Estudos Miñoranos con motivo da infeliz desaparición física do noso lembrado amigo e fundador.Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución en agosto, mes  no que se cumpre o terceiro aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

 Nesta ocasión o premio concedéuselle a FRANCISCO FERNÃ?NDEZ DEL RIEGO polo seu artigo O Val Miñor no noso espello publicado no xornal A Peneira na segunda quincena de novembro do 2003.

DVD- Aillados e A Memoria dos tempos do volfram xa está a venda

Correo-e Imprimir PDF

Dende o día 23 de xullo están nas librarías, que se citan máis abaixo, os documentais de Antonio Caeiro "Aillados" e "A memoria nos tempos do volfram" editados por RB produccións e multimedia de Santiago de Compostela.. Estes dous traballos audiovisuais conforman a primeira parte dunha triloxía sobre a historia contemporánea de Galicia contada polos propios protagonistas.

Presentación do libro de fotografías - Baiona nas ondas do tempo

Correo-e Imprimir PDF

Ver máis fotos antigas de BaionaDende o inicio das súas actividades o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)  tivo unha permanente preocupación pola imaxe fotográfica. Baste con lembrar que a primeira actividade pública do IEM foi a exposición O Val Miñor nos albores do século XX, que por certo acaba, cinco anos despois da súa inauguración, acaba de estar colgada nas paredes do colexio baionés de Covaterreña. Nela recóllense máis de sesenta fotografías do Val, a inmensa maioría no primeiro tercio do século XX.

O acto de presentación do novo libro do Instituto de Estudios Miñoranos: Baiona nas ondas do tempo, terá lugar o 27 de xullo, martes, ás 22 h. na Praza do Concello de Baiona. No mesmo participaran: Carlos Méixome, director do IEM; Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos; Ana María Rodríguez, Concelleira de Cultura e Carlos de la Peña, Alcalde de Baiona

exposición QUAE VISA PLACENT

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoranos teñen o pracer de convidarte á inauguración da exposición QUAE VISA PLACENT que terá lugar ó mércores día 7 de xullo ás 20:30 h. no IES AUGA DA LAXE de Gondomar.

Na mesma paticiparan os pintores ANTONIO QESADA, ANTON ABREU, PEPE MANTILLA, ARMANDO GUERRA, ELSA PÃ?REZ VICENTE e o escultor FERNANDO CASÃ?S.

Baiona de Miñor en sus documentos

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe luns 21 de xuño ás 20 h. terá lugar a presentación do libro do Padre
garcía Oro e de Mª José Portela "Baiona de Miñor en sus documentos" editado
pola Deputación provincial, será na Biblioteca Municipal de Baiona.
Entrada libre
Ao remate haberá un viño galego

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL