Martes, 14 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura DVD- Aillados e A Memoria dos tempos do volfram xa está a venda

DVD- Aillados e A Memoria dos tempos do volfram xa está a venda

Correo-e Imprimir PDF

Dende o día 23 de xullo están nas librarías, que se citan máis abaixo, os documentais de Antonio Caeiro "Aillados" e "A memoria nos tempos do volfram" editados por RB produccións e multimedia de Santiago de Compostela.. Estes dous traballos audiovisuais conforman a primeira parte dunha triloxía sobre a historia contemporánea de Galicia contada polos propios protagonistas.

Aillados; relata a vida na colonia penitenciaria de a illa de San Simón na ría de Vigo durante os anos 1936 e 1940. Un libro co mesmo título, escrito polos guionistas do documental e editado por Ir Indo, saiu a venda fai uns anos e basábase no seu guión.

A memoria nos tempos do volfram, relata a época en que ese mineral convirtiuse no ouro negro de Galicia. � unha historia entre dúas guerras, a Segunda Guerra Mundial e a guerra de Corea, e congregou nos montes galegos a milleiros de persoas (mineiros, estraperlistas, presos políticos, aventureiros, gardas civis, guerrilleiros, etc) en busca dun diñeiro rápido naqueles tempos da posguerra... e moitos só conseguiron miseria e morte.

Os DVD's aparecen con extras como, máis testemuñas que non saen nos documentais, fotos, trailer da banda sonora, textos añadidos, etc.

Pódense adquirir nas seguintes localidades (por orden alfabético) e locales:

  • Cangas (librería Maraxe, rúa Avenida Marín, 9)
  • Gondomar (librería Plaza, rúa párroco Mariño, 2, Café
    Rañolas e Instituto de Estudios Miñoranos)
  • Moaña (librería O Pontillón, rúa Concepción Arenal, 7)
  • Santiago (libraría Couceiro, rúa República Salvador, 9)
  • Silleda (librería Galicia, rúa general franco, 77 e Papelería
    Seijas, rúa Avda. Parque, 32)
  • Silleda-Bandeira (librería Brandaríz,)
  • Ponteareas (librerias D. Papel, rúa Paseo Matutino, 6 e Casa Pepe,)
  • Porriño (librería Aurora, rúa Pio XII, 8)
  • Redondela (librería Hijos de Amador Pérez, rúa Alfonso XII, 17)
  • Redondela-Chapela (librería Rivero, rúa Avenida de Vigo, 159)
  • Vila de Cruces (librería Mahía, rúa Manuel Iglesias, 49 e libreria O Colexio e no Concello de Vila de Cruces)
  • Vigo (librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias,)

 

Para máis información:

  •  www.escena.ya.com/aillados
     www.rbmultimedia.com
  • e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo     Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo