![Oscar - La Voz de Galicia](http://www.lavozdegalicia.es/graficos/2005/11/09/v9c13f2.jpg)
As xornadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos proseguirán mañá con unha conferéncia sobre un caso de esquizofrenia na arte rupestre, a cargo de Antonio de la Peña, do Museo de Pontevedra, ás 20.30 horas.
As xornadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos proseguirán mañá con unha conferéncia sobre un caso de esquizofrenia na arte rupestre, a cargo de Antonio de la Peña, do Museo de Pontevedra, ás 20.30 horas.
“ARTE RUPESTRE GALEGA: CONSERVACIÓN E PATRIMONIO” SEMANA DA CIENCIA DE GALICIA, 2005
7-12 NOVEMBRO - CAPITANÍA MARÍTIMA DE BAIONA
Exposición de fotos, calcos e debuxos
Mañáns visitas escolares
Tardes público en xeral de 18h a 20h
A biblioteca donada por Francisco do Rego ao concello de Nigrán fai tres anos continua sen poder ser utilizado polo público debido a que o Concello carece dun lugar apropiado para poder gardar os libros. Os exemplares gardabanse en caixas nun aula do coléxio de Maión, pero agora os membros do Instituto de Estudos Miñoranos, encargados da sua custodia, vironse obrigados a trasladálos a un almacén, ao non poder continuar durante mais tempo no centro de ensino por necesidades do enderezo
O IEM espera que o Concello dispoña dun lugar digno onde poder estabelecer definitivamente esta valiosa biblioteca porque a antiga vivenda do conserxe do coléxio Humberto Juanes non lles convence ao estar chea de escombros.
A libreria Libraida e o Instituto de Estudos Miñoranos convidante a participar nas tertulias literarias "Queremos tanto aos libros "
A próxima tertulia terá lugar o 18 Outubro , ás 20:30 horas, na Librería Libraida , có libro:
XENTES DO MAR TRABALLOS, TRADICION E COSTUMES (de Francisco Calo ) . A tertulia estará a cargo de Xosé Lois Vilar
15 de outubro de 1936. En represalia pola morte dun falanxista, sacan do cárcere de Vigo a nove prisioneiros que son executados na estrada que leva de Baiona á Guarda. Dende entón, en cada aniversario do acontecido e mesmo baixo a máis estricta vixilancia e represión, nove cruces apareceron misteriosamente debuxadas na area no exacto lugar da execución, máis coñecido como “a volta dos 9”.
Na memoria do acontecido, e na memoria de todos os mortos pola liberdade, inaugúrase o próximo día 15 de outubro un pequeno bosque-escultura do artista Fernando Casás: 45 loureiros (a árbore dos heroes) circundan no estreito espazo da “volta dos 9” unha árbore tronzada, como degolada, fundida en bronce, memoria das nove voces caladas naquela data, representación de todas as voces caladas pola represión.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL