Por cuarto ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha as TERTULIAS DO IEM que teñen como fin achegar ata o Val Miñor diversas persoas que teñen destacado nas súas respectivas actividades para que compartan con todos nós as súas experiencias durante unha xornada. O esquema deste ano mantense como o anterior, esto é primeiro haberá unha conferencia coloquio, sempre no día venres, preferentemente o primeiro de cada mes, que comezará ás 20:30 h e logo unha cea-coloquio (con prazas limitadas) á que se pode asistir mediante reserva no telefono 629 890 320. Este ano tanto a conferencia aberta ao público como a cea, previa reserva, terán lugar no PAZO DA ESCOLA, no Barrio de Moreira nº 10, MAÑUFE, Gondomar. Estamos seguros que o espléndido marco que vai acoller este ciclo de nove TERTULIAS axudará a consolidar esta iniciativa cultural, tan gabada pola cidadanía do Val Miñor, e á que o Instituto de Estudos Miñoranos dedica moitos esforzos.
Achégolles o programa completo e definitivo das TERTULIAS DO IEM: o autor e a súa obra para o curso 2005-06
7 de outubro de 2005 Fernando Vázquez Pena Adestrador de fútbol Presenta: Carlos Méixome Xuíz, estudante. | |
4 de novembro de 2005 Carlos Blanco Actor Presenta: Concha Costas. Profesora. | |
2 de decembro de 2005 Camilo Nogueira Román Economista, enxeñeiro, ex deputado no Parlamento Galego e no Europeo Presenta: Carlos Estévez. Profesor e director do Colexio de Covaterreña | |
13 de xaneiro de 2006 Lidia Senra. Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Presenta: Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Montes en Man Común e da Comunidade de Montes de Sabarís | |
3 de febreiro de 2006 Enrique López Veiga Deputado, ex conselleiro de pesca. Presenta: Antón Mascato. Editor. | |
3 de marzo de 2006 Ánxela Rodicio Xornalista, ex correspondente de TVE no Oriente Medio Presenta: Concha Vilar. Profesora. | |
7 de abril de 2006 Francisco Fernández Rei Filólogo. Catedrático da USC. Membro da Real Academia Galega Presenta: Camiño Noia. Catedrática da U. Vigo | |
5 de maio de 2006 Francisco Vázquez Vizoso Médico Presenta: Xulio Castañal. Médico | |
2 de xuño de 2006 Xacinto Rey Empresario. Presidente do Grupo San José. Presenta: Emilio García Crego. Director de Caixanova de Gondomar |