Continua a desenvolverse o ciclo de
TERTULIAS DO IEM: O autor e a súa obra deste curso 2004-05. A terceira das tertulias terá lugar o próximo
venres 3 de decembro,
ás 20:30 h. no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar.
Nesa data estará entre nós o contador de historias, actor, autor e director teatral
Quico Cadaval que será presentado polo profesor
Xosé Bieito Legaspi VillamarÃn. Nado en Ribeira en 1960, Quico Cadaval posúe unha ampla traxectoria profesional no eido escénico como director, dramaturgo, tradutor, actor e narrador, á que cómpre engadir os seus traballos en radio e televisión.