Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura NA LEMBRANZA DE NANO CAMBEIRO

NA LEMBRANZA DE NANO CAMBEIRO

Correo-e Imprimir PDF

Na xuntanza ordinaria do 13 de xuño de 2004 a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou convocar o Terceiro Premio xornalístico â??Nano Cambeiroâ?? en memoria e homenaxe do xornalista miñorano e fundador do Instituto de Estudos Miñoranos, Nano Cambeiro.  Na mesma reunión da Xunta de Goberno aprobáronse as seguintes bases polas que se rexerá esta terceira convocatoria do premio:

BASES DO III PREMIO DE XORNALISMO â??NANO CAMBEIROâ??

  1. O premio outorgarase a aquela colaboración xornalística referida ao Val Miñor realizada en lingua galega  e publicada en calquera medio ou método de comunicación: prensa escrita,  publicación periódica, radio,  televisión,  internet, etcâ?¦
  2. A temática é libre sempre que sexa evidente a súa relación co Val Miñor no seu conxunto ou con calquera dos tres concellos que o forman.
  3. O traballo premiado deberá estar publicado no ano natural anterior ao da entrega do premio. Poderá ser presentado polo seu autor/a, por calquera persoa que así o xulgue ou tamén poderá ser seleccionado por un/unha membro da Xunta de Goberno do IEM. En calquera dos casos, deberá xustificarse a súa publicación no ano natural correspondente (nesta ocasión o ano 2004), rematando o prazo de presentación/selección de traballos o 30 de maio do ano seguinte (nesta ocasión no ano 2005). A efectos de notificación, o enderezo do Instituto de Estudos Miñoranos é: Apartado de Correos 30, 36380 â?? Gondomar.
  4. O premio, sen dotación económica, consistirá nunha peza escultórica realizada expresamente para o mesmo polo escultor Fernando Casás. 
  5. A persoa, ou persoas merecedoras do premio daranse a coñecer aos medios de comunicación no mes de agosto de cada ano coincidindo co aniversario do falecemento de Nano Cambeiro.
  6. O premio será entregado nun acto público organizado polo IEM a celebrar durante o mes de setembro ou outubro de cada ano.
  7. O xurado do premio estará formado pola Xunta de Goberno do IEM quen decidirá de entre todos os traballos presentados ou seleccionados. A súa decisión será inapelable. O premio podería declararse deserto se así o considerase o xurado.
  8. Os membros da Xunta de Goberno do IEM quedan excluídos da súa participación neste premio.

Val Miñor, oito de decembro de 2004