Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura D. Paco del Riego Premio Nano Cambeiro de Xornalismo 04

D. Paco del Riego Premio Nano Cambeiro de Xornalismo 04

Correo-e Imprimir PDF

O próximo sábado 11 de decembro de 2004, ás 12:30 horas da mañá, terá lugar, no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar a entrega da Segunda Edición do Premio de Xornalismo â??Nano Cambeiroâ??que lle foi concedido a Francisco Fernández del Riego. A Mención Especial do Xurado recaeu en Estanislao Fernández de la Cigoña.

 

  • O Val Miñor no noso espello Francisco Fernández del Riego 
  • Visión africana no esteiro do Miñor Estanislao Fernández de la Cigoña 
  •  

    Previamente terá lugar a mesa redonda As emisoras de Radio Municipais, moderada polo escritor e xornalista Fran Alonso e na que participarán Henrique Sanfiz, director de Radio Fene, Xosé Anxo Font, director da Radio Municipal de Tui e Mª Xesús García ex-locutora da Radio Municipal de Nigrán.

     

    Ao remate dos actos terá lugar un xantar cos premiados no que participará don Paco del Riego. Se desexa asistir pode facer a súa reserva chamando ao 629 890 320

     

    O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi creadopolo Instituto de Estudos Miñoranos con motivo da infeliz desaparición física do xornalista que fora fundador desta entidade cultural.

     

    O premio concedéuselle a FRANCISCO FERN�NDEZ DEL RIEGO polo seu artigo O Val Miñor no noso espello publicado no xornal A Peneira na segunda quincena de novembro do 2003. Non é necesario facer unha descrición de quen tivo, e segue a ter, un papel protagonista na cultura galega contemporánea, tampouco o é loar a mestría coa que traballa os seus textos, o premiado é un bo exemplo. Si queremos recordar a especial relación de don Paco del Riego co Val Miñor, nomeadamente coa Praia de Lourido na que pasa catro meses ao ano dende hai máis de tres décadas. Esta especial relación é a que fixo que, a proposta do Instituto de Estudos Miñoranos, o pleno do concello de Nigrán acordase, por unanimidade, recoñecelo como fillo adoptivo. Don Paco é pois miñorano de adopción, pero sobre todo o é de vocación como pon de manifesto no artigo premiado.

     

    O premio â??Nano Cambeiroâ?? de xornalismo está concibido como un premio único, mais nesta ocasión o Xurado, que é a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, acordou unha MENCIÃ?N ESPECIAL para o artigo Visión africana no esteiro do Miñor de ESTANISLAO FERNÃ?NDEZ DE LA CIGOÃ?A publicado en La Voz de Galicia do 18 de outubro de 2003.

     

    O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos FERNANDO CAS�S.

     

    Lembrar que o 1º Premio de Xornalismo Nano Cambeiro correspondente ao ano natural 2002 foi concedido a XOS� LU�S M�NDEZ FERR�N polo artigo Tristura no Galiñeiro publicado en Faro de Vigo e entregado nun acto celebrado o 3 de outubro de 2003.

     

     

    Asdo: Carlos Méixome

    Director do Instituto de Estudos Miñoranos