Domingo, 12 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Actos Culturais da Asociación Eliseo Alonso do Baixo Miño

Actos Culturais da Asociación Eliseo Alonso do Baixo Miño

Correo-e Imprimir PDF
Amigo/as:

A Asociación Cultural "Eliseo Alonso" do Baixo Miño, con quen o Instituto de
Estudos Miñoranos ten asinado, hai tempo, un convenio de colaboración, ten
unha semana ben chea de boas e interesantes actividades culturais ás cales
quere convidarvos.

O xoves 26, ás 20 h. Alonso" presentación dun libro sobre o escritor que lle
da nome á asociación e logo no local da AC "Eliseo un recital poético no que
participarán Ferrín, Koki, Marga do Val, Bernardino Graña, Mª Xosé Queizán,
Mª Carmé Krükemberg...

Venres 27 de agosto de 2004. Inauguración das xornadas TRES D�AS NO MUSEO
DAS ARTES ás 20 h. Lectura do manifesto e conferencia: "Antonio Fernández e
a escola paisaxística do Baixo Miño" a cargo do historiador e crítico de
arte Fernando Martínez Vilanova. A continuación inaugurarase a exposición
ARTE PARA O MUSEO.

Sábado 28: Conferencia: "ter un museo: algunhas claves" a cargo de Amparo
López redondo, conservadora do museo Lázaro Galdiano de Madrid, ás 20:30
horas

Domingo 29: Peche das xornadas cun concerto acústico de Alberto Mvundi ás 21
h.

Estes actos terán lugar no Multiusos de Goián onde estará a exposición con
obras de Antonio Fernández, Xavier Pousa, Xoán Piñeiro, Xuxo Vázquez, Magin
Picallo, Eulalia Portela, Antúnez Pousa e Mario Rodríguez.
O horario da exposición o sábado e o domingo é de 11 a 14 e de 18 a 22 h.

O domingo tamén celebraran na fortaleza de Goián a "fiastiña".