Sábado, 11 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Xosé Ramón Barreiro Fernández abre as Tertulias do IEM 2004

Xosé Ramón Barreiro Fernández abre as Tertulias do IEM 2004

Correo-e Imprimir PDF
As TERTULIAS, que se prolongaran ata o mes de maio, serán clausuradas polo escritor Manuel Rivas

 Por terceiro ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha as TERTULIAS DO IEM que teñen como fin achegar ata o Val Miñor diversas persoas que teñen destacado nas súas respectivas actividades para que compartan con todos nós as súas experiencias durante unha xornada. O esquema deste ano mantense como o anterior, esto é primeiro haberá unha conferencia coloquio, sempre no día venres, preferentemente o primeiro de cada mes, que comezará ás 20:30 h e logo unha cea-coloquio á que se pode asistir mediante reserva previa.

Este ano tanto a conferencia aberta ao público como a cea, previa reserva, terán lugar no recentemente restaurado e inaugurado PAZO DA ESCOLA, no Barrio de Moreira nº 10, MA�UFE, Gondomar. Estamos seguros que o espléndido marco que vai acoller este ciclo de oito TERTULIAS axudará a consolidar definitivamente esta iniciativa cultural, tan gabada pola cidadanía do Val Miñor, e á que o Instituto de Estudos Miñoranos dedica moitos esforzos.

 

Programa completo e definitivo das TERTULIAS DO IEM: o autor e a súa obra para o curso 2004-05.

 

15 de outubro

Xosé Ramón Barreiro Fernández

Historiador, Catedrático da USC. Presidente da Real Academia Galega.

Presenta: Xoán González Pérez

Historiador

 

5 novembro*

Francisco Iglesias. Patrón Maior da Confraría de O Grove

Pablo Villar. Xerente da Confraría de Cangas

Presenta: Xosé Lois Vilar Pedreira

Arqueólogo e froiteiro

 

 

 

3 decembro

Quico Cadaval

Contador de historias e dramaturgo

Presenta: Xosé Bieito Legaspi Villamarín

Profesor

 

14 xaneiro

Manuel Gallego Jorreto

Arquitecto

Presenta: Alfonso Soliño Troncoso

Arquitecto técnico

 

4 de febreiro

Miguel Barros

Profesor e dirixente político

Presenta: Rafael Lores

Pedagogo

 

4 de marzo

Miguel Anxo Murado

Biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas. Escritor

Presenta: Santiago Fraga Rivas

Biólogo do Inst. Español de Oceanografía. Membro da asociación A Groba.

 

1 de abril

Margarita Ledo Andión

Xornalista. Catedrática da USC. Escritora

Presenta: Camiño Noia

Catedrática da U. Vigo.

 

6 de maio

Manuel Rivas

Escritor

Presenta: María Xosé González Chamorro

Profesora.



* Ao cumplirse o segundo aniversario do desastre do Prestige e do inicio do movemento Nunca Máis decidimos facer unha excepción e convidar a acercarse ao Val Miñor a dous dos principais dirixentes daquel movemento