O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO constituÃdo polo Instituto de Estudos Miñoranos con motivo da infeliz desaparición fÃsica do noso lembrado amigo e fundador.Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución en agosto, mes no que se cumpre o terceiro aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.
Non é necesario facer unha descrición de quen tivo, e segue a ter, un papel protagonista na cultura galega contemporánea, tampouco o é loar a mestrÃa coa que traballa os seus textos, o premiado é un bo exemplo. Si queremos recordar sen embargo, a especial relación de don Paco del Riego co Val Miñor, nomeadamente coa Praia de Lourido na que pasa catro meses ao ano dende hai máis de tres décadas. Esta especial relación é a que fixo que, a proposta do Instituto de Estudos Miñoranos, o pleno do concello de Nigrán acordase, por unanimidade, recoñecelo como fillo adoptivo. Don Paco é pois miñorano de adopción, pero sobre todo o é de vocación como pon de manifesto no artigo premiado.
O premio â??Nano Cambeiroâ?? de xornalismo está concibido como un premio único, mais nesta ocasión o Xurado, que é a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, acordou unha MENCIÃ?N ESPECIAL para o artigo Visión africana no esteiro do Miñor de ESTANISLAO FERNÃ?NDEZ DE LA CIGOÃ?A publicado en La Voz de Galicia do 18 de outubro de 2003.
Lembrar que o 1º Premio de Xornalismo Nano Cambeiro correspondente ao ano natural 2002 foi concedido a XOS� LU�S M�NDEZ FERR�N polo artigo Tristura no Galiñeiro publicado en Faro de Vigo e entregado nun acto celebrado o 3 de outubro de 2003.
Director do Instituto de Estudos Miñoranos