Venres, 29 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Entrega do Premio "Lingualaxe"

Entrega do Premio "Lingualaxe"

Correo-e Imprimir PDF
O Equipo de Normalización Lingüística "Balbordo", do IES Auga da Laxe (Gondomar), concedeulle o premio LINGUALAXE ao Café Rañolas como recoñecemento polo emprego da nosa lingua no seu labor diario e pola súa contribución ao proceso de normalización lingüística e cultural do Val Miñor.

O acto de entrega do diploma acreditativo deste galardón terá lugar o próximo XOVES, D�A 29 DE XANEIRO, �S 22.30h, no Café Rañolas (rúa Otero Pedrayo, 3 - Gondomar). A continuación haberá unha sesión de contacontos a cargo do grupo de teatro Vichelocrego, do IES Auga da Laxe.


O Equipo de Normalización Lingüística do IES Auga da Laxe crea este premio co obxectivo de distinguir aquelas empresas e establecementos comerciais do Val Miñor que destaquen polo uso cotián da nosa lingua nas súas actividades.

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso 2003-2004, os membros do ENL "Balbordo", a través dun traballo de campo, elaboraron unha relación de establecementos de Gondomar e A Ramallosa que xa usan, total ou parcialmente, o noso idioma na rotulación, publicidade e todo tipo de comunicacións cos seus clientes. O primeiro establecemento seleccionado para recibir este galardón é o café Rañolas e, a partir de agora, o premio iráselle concedendo cada mes a un novo local para irmos conformando así unha nómina de empresas e comercios da nosa comarca comprometidos co uso real do galego, co obxectivo de dalos a coñecer e animar a cidadanía a que valore a quen defende o noso patrimonio lingüístico.