Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo gaña o concurso de carteis Quin Alborés cara o X Festival de Jazz.

Correo-e Imprimir PDF

gramofono-cartel-jazzImpúxose a un total de 51 propostas presentadas nun certame que salientou pola súa calidade e récord de participación

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo resultou o gañador do Concurso de Carteis Quin Alborés que convoca o Concello de Nigrán coa súa proposta "Gramófono". O traballo, premiado con 500 euros, será o que se empregue para a difusión do festival nesta décima edición. O xurado destacou na súa valoración o seu "impecable traballo de maquetación e ilustración" e o seu gran "detallismo". Precisamente, Arrojo, un dos máis recoñecidos ilustradores do panorama galego, xa foi o gañador na edición de 2012.

Gondomar quere superar as mil motos na V Concentración do Motoclub A Cento Cien.

Correo-e Imprimir PDF

moteiros gondomarO Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, e o Motoclub A Cento Cien organizan a V Concentración Moteira en Gondomar. Un evento de tres días, 17-18-29 de xuño, no que se convida a participar a todos os moteiros e moteiras e no que se pretende resaltar a Gondomar como punto de interese cultural e deportivo.

“Diario de un camino” o documental dunha peregrinación especial a Santiago se proxecta en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

diario camino filmO auditorio de Nigrán acolle o venres ás 20.30 horas a proxección do documental "Diario de un camino"

O filme narra como unha parella con diversidade funcional realiza o Camiño de Santiago dende Roncesvalles coa axuda do policia local Javier Pitillas

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle este venres 17 ás 20.30 horas a proxección do documental 'Diario de un Camino", audiovisual que narra a peregrinación ata Santiago dunha parella con diversidade funcional acompañada polo policía local de Vigo Javier Pitillas. Ata agora, a peza so se proxectou en Vigo e Ourense e na súa estrea en Nigrán contará coa presenza de Pitillas (Premio ao Mérito Civil, Vigués Distinguido, Medalla Castelao e cabeza visible de DisCamino, proxecto que naceu precisamente para axudar a estas persoas a peregrinar a Santiago).

Charla informativa na AVV de Monteferro sobre os perigos dos herbicidas.

Correo-e Imprimir PDF

O Comando Ghichas segue adiante coa campaña de concienciación veciñal sobre o uso de herbicidas. Este sábado día 7, ás 19:00 organiza a terceira charla, impartida de novo polo Doutor en Bioloxía Cesar Lema. Nesta ocasión será na Asociación de Veciños de Monteferro (Praza Mestra Dona Manuela 4. Porqueira-Panxón).

Espazo Lectura celebra o IX «Dar de ler coma quen dá de beber», na Semana do Libro e a Lectura en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

00 Dar de ler CabeceiraO sábado 23 de abril, Día do Libro, entre as 12:00 e as 14:00 horas, Espazo Lectura celebra por noveno ano consecutivo o Dar de ler coma quen dá de beber, inserido dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura 2016. Mantense así a proposta anual de ler e compartir lecturas nun espazo público arredor do Día do Libro. Dende a asociación animan a acudir ao Café Keik (rúa das Ánimas 10, Gondomar), e sentar a escoitar os textos que se van ler.
Dar de ler coma quen dá de beber é unha actividade que toma o seu nome dunha frase do escritor Álvaro Cunqueiro e que Espazo Lectura celebra anualmente arredor do Día Internacional do Libro (23 de abril). Consiste nunha lectura de textos, colectiva e en voz alta, que se realiza nalgún espazo público e na que participan arredor de 30 persoas, que len os textos elixidos por elas mesmas, co ánimo de sensibilizar a cidadanía sobre a importancia da lectura. Trátase dunha actividade itinerante, que busca levar a lectura a lugares nos cales habitualmente non está presente, apostando por abrir espazos e tempos para a lectura e por facer desta un lugar de encontro.

Preséntase en Nigrán “Nosa Enerxía”, a primeira cooperativa galega enerxética.

Correo-e Imprimir PDF

promotores nosa enerxiaA primeira cooperativa enerxética galega "Nosa Enerxía" será presentada este venres 22 de abril nun acto aberto no Auditorio de Nigrán ás 20 horas.
Nosa Enerxía preséntase como "a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente".

“Pinceladas”: Mañufe inaugura un ciclo de conferencias históricas.

Correo-e Imprimir PDF

san-vicente-manhufe-conferencias"A Batalla de Pontesampaio. Unha mirada crítica desde a retrospectiva do bicentenario", será a conferencia que abrirá o ciclo este venres 22 de abril ás 20:30 horas. A mesma estará a cargo de J. María Peláez Valle, profesor compoñente da Área de Ciencia de Materiais e Enxeñería Metalúrxica da Universidade de Vigo.

Convocatoria ao certame literario Verbas Novas de relato curto e poesía.

Correo-e Imprimir PDF

manhufe-san-vicente-certame-2016A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe coa colaboración da Deputación de Pontevedra convoca a estudantes de 4º de Primaria até 4º da ESO a participar dun certame de relatos curtos. Tamén convócase a maiores de 16 anos para un de poesía.
As bases deben recollerse no Centro Cultural de Mañufe e a data límite de entrega será o vindeiro luns 25 de abril.

O Centro Cultural de Peitieiros convoca o III Certame Literario do Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

No mesmo poderá participar calquera persoa que resida en Gondomar cunha obra escrita en galego (normativa oficial). Admitiranse textos en prosa ou verso, dunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12, interlineado 1,5).
O prazo de presentación remata o día 12 de maio. As obras deberán presentarse sen nome da/o autor/a nun sobre pechado na caixa do correo do Centro Cultural de Peitieiros (adro da Igrexa de Peitieiros), acompañadas doutro sobre pechado dentro do cal estarán o nome, idade, domicilio e teléfono da/o autor/a. No exterior do sobre deberase indicar a categoría en que se participa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL