Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Galicia Bilingüe protesta por un cartel do Día das Letras do CPI de Panxón

Galicia Bilingüe protesta por un cartel do Día das Letras do CPI de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

O cartel que GB asegura ofende aos castelán falantes.A asociación que dirixe Gloria Lago critica á dirección do CPI de Panxón e á Xunta por non retirar un cartel que convida aos nenos a falar en galego.

“Fala galego, non sexas lelo”. É un cartel que se atopa, segundo denuncian, no vestíbulo así como na web do centro educativo de Panxón. Foi a peza gañadora do concurso de carteis do pasado Día das Letras Galegas e, desde entón, a súa función é tentar reivindicar a necesidade de que os nenos e nenas utilicen este idioma nunha zona onde está en fondo retroceso.

Sen embargo, a Galicia Bilingüe ese cartel non lle gusta, nin que fora o gañador do concurso das letras galegas, nin que se poida ver na entrada do centro. “Non es una forma sensata y aceptable de promocionar una lengua, ni de fomentar los valores de tolerancia y respeto que se les pide a los profesores que inculquen a sus alumnos”, asegura a súa presidenta, Gloria Lago, nun vídeo dramatizado sobre este caso.

Galicia Bilingüe asegura que vai por dúas veces que pediu a súa retirada. Foi a raíz de que o pai dunha nena de Primaria, matriculada no mesmo centro, acudira a esta asociación para pedir asesoramento e axuda xa que entende que é “discriminatorio” para os que teñen o español como lingua vehícular.

Por iso, e porque consideran que ese cartel debe de ser retirado, Galicia Bilingüe presentou unha solicitude dirixida ao Inspector Xefe de Pontevedra, Manuel Torres Vizcaya, que, polo momento, non obtivo resposta.

De feito, esta asociación critica que este sexa o mesmo inspector ao que denunciaron “dous claros casos de adoctrinamiento nacionalista no ensino” sen que as súas queixas fosen atendidas, tendo que acudir ao Valedor. Por iso, agardan non ter que acudir, novamente ao Valedor, no caso do cartel do centro de Panxón.

Pese a que Galicia Bilingüe profese unha defensa en igualdade do uso dous idiomas así como de respeto, o certo é que os comentarios de simpatizantes lanzados no seu perfil en Facebook non están sendo moderados nese sentido onde poden entremezclan cuestións políticas, nacionalismo, e comentarios despectivos hacia o idioma propio de Galicia.

TM1 Captura o día xoves 15 de setembro ás 11:49h

Actualización.

A presidenta de Galicia Bilingüe púxose en contacto con esta redacción asegurando que a nota desta información era "sesgada" polo feito de que no último párrafo se aseguraba que os comentarios "eran de simpatizantes de GB", e que a captura da pantalla anterior non reflexaba as resposta que terían feito dende a propia asociación.

Esta redacción revisou novamente os comentarios a data 15 de setembro e hora 14:37h, é dicir apenas tres horas máis tarde, e pese ás posteriores respostas de distintos usuarios non existe resposta ningunha a título da propia asociación Galicia Bilingüe, e si unhas respostas posteriores doutros usuarios.

Captura o día xoves 15 de setembro ás 14:50h