Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar non celebra o seu pleno de maio en apoio aos afectados polas preferentes.

Gondomar non celebra o seu pleno de maio en apoio aos afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
afectados pleno_gondomar

-En contrapartida, a Plataforma Gondomar dos afectados comprometeuse a non irromper no próximo pleno onde se tratarán as subvencións para os comedores escolares do concello.

A decisión de non celebrar o pleno ordinario do pasado xoves 2 de maio, foi froito dun acordo celebrado o pasado mércores 24 de abril no grupo de traballo que semanalmente reúne ao alcalde popular Fernando Guitián, cos voceiros dos grupos municipais e mais unha representación da Plataforma de afectados de Gondomar, sinalou a voceira desta última, Rocío Cambra .

Nesa reunión, na que non estiveron presentes,  por motivod particulares, representantes do grupo non adscrito de ANOVA e do PSOE, tamén acordouse que a Plataforma de afectados non "irrompera" no vindeiro pleno municipal onde terá lugar o debate e votación das subvencións para os comedores escolares do concello.

Nese senso, mentres o Concello emitiu un comunicado centrando o acordo no seu "apoyo a los vecinos afectados por preferentes y subordinadas", a Plataforma de afectados salienta que decidiron pactar por un tema de sensibilidade co tema da problemática que afecta aos comedores escolares de Gondomar.

Malestar na oposición a pesar de coincidir coa decisión da suspensión.

Tanto o voceiro socialista Francisco Ferreira como o concelleiro nacionalista Antonio Araúxo, manifestaron a este medio o seu malestar no procedemento que utilizou a alcaldía para comunicar a suspensión do pleno do pasado xoves. Se ben ambos os dous concelleiros admitiron a ausencia de representantes partidarios o día que se tomou a decisión, entenden que o alcalde saltouse as formalidades á hora de comunicar a suspensión do pleno.

Para Francisco Ferreira, unha suspensión deste tipo incumpre o acordo plenario que obriga a reunir á corporación o primeiro xoves de mes. Agrega que máis alá de compartir "moralmente" o decidido, o alcalde debeu convocar aos portavoces municipais para dar coñecemento "oficial e fundamentado" da resolución. No seu caso afirma que recibiu a comunicación verbalmente de parte da representante dos afectados, e que dende o Concello informáronlle que tiñan enviado un correo electrónico co asunto da suspensión. Unha vía que non foi efectiva xa que Ferreira enon contaba con acceso ao seu correo electrónico, e que ademais rexeitao como vía administrativa de información oficial. O voceiro socialista cualificou como "grave" esta omisión administrativa da que dixo "aínda que pareza esaxerado, pode tratarse dun delito de prevaricación por omisión a un acordo plenario".

O concelleiro Antonio Araúxo pola súa banda, foi informado polo seu compañeiro Pauliño del Río, formalmente integrante non adscrito do pleno da corporación. A pesar de que os cinco concelleiros nacionalistas funcionan como grupo político, formalmente son considerados polo goberno como non adscrito ao ter abandonado o BNG, grupo político polo que asumiron como edís en Gondomar. "Pero como para o alcalde somos non adscritos ou grupo segundo lle convén", omitiu a obriga de informar por escrito aos cinco concelleiros e só mandou un correo electrónico a Pauliño del Río, como voceiro dos mesmos, sinalou Araúxo.