Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os afectados polas preferentes irrompen no acto institucional da Festa da Arribada en Baiona.

Os afectados polas preferentes irrompen no acto institucional da Festa da Arribada en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Plataforma Afectados polas preferentes durante a protesta en Baiona

Separados por un valado metálico, celebráronse dous actos paralelos no inicio da festa da Arribada, o pasado sábado en Baiona. Por un lado, o oficial coa participación de autoridades municipais, provincias e autonómicas que como tódolos anos, daban inicio ás actividades festivas. Doutro lado do valado, decenas de cidadáns coas xa tamén tradicionais camisas laranxas berraban pola recuperación dos seus cartos, atrapados nas estafas das preferentes e subordinadas.

A protesta das Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas durante o acto institucional non impediron o mesmo, máis deixaron a súa pegada. " Non pararemos ata que cobremos! Devolución do 100% dos nosos aforros xa! Nin quitas nin canxes!" sinalaban as pancartas que amosaron os afectados na Arribada. A escena do valado e as decenas de gardas civís involucrados no operativo de seguridade deron unha faciana doutros tempos á Arribada.