Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Prognosticábanse choivas para este venres en Gondomar…. e choveu. Afectados polas preferentes

Prognosticábanse choivas para este venres en Gondomar…. e choveu. Afectados polas preferentes

Correo-e Imprimir PDF
Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor tiveron un encontro inesperado coa afectados polas preferentes e subordinadas en Gondomar.

Crónica dun "cara a cara" de máis de dúas horas entre os aforradores afectados polas preferentes e subordinadas con Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor.

Membros das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas tiveron un especial cara a cara co presidente da Deputación, Rafael Louzán, este venres en Gondomar. Ao rematar un acto cultural abordáronlle ca fin de que asinara unha declaración na que se comprometía a dimitir do Partido Popular se os "xefes populares" non mudaban a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Declaración que fora asumida polo alcalde popular de Oia durante a mañá.

 Rafael Louzán: “Iso de, Que estades facendo? me soa como se eu e estes señores foramos os propietarios do banco”.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O presidente negouse, máis mantivo un diálogo cos afectados no que non faltaron os rifi-rafes entre as partes. Por máis de dúas horas, os afectados esixíronlle a Louzán e mais aos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán que o acompañaban, para que cumpriran as promesas electorais do PP, nomeadamente unha solución que non implicara quitas na devolución dos seus aforros.

“Onde están as promesas da campaña, Louzán?”

Dim lights Embed Embed this video on your site

A outra esixencia plantexada durante a improvisada audiencia foi que o Partido Popular axeitara o ritmo das arbitraxes de consumo, e acadaran o mesmo ritmo que tiveron durante o período da campaña electoral das eleccións autonómicas, cando eran próximo ás 300 citas diarias, o triplo das actuais.

Os afectados lembraron a Louzán que hai unha resolución do pleno da Deputación para non admitir quitas aos aforristas.

  Dim lights Embed Embed this video on your site

Aínda que non acompañaron a iniciativa política presentada polos afectados, os alcaldes miñoranos e máis o presidente da deputación de Pontevedra e presidente do PP provincial, Rafael Louzán, prometeron aumentar as presións e dilixencias cara a axilizar a solución ao tema das preferentes e subordinadas. Á vez que insistiron que eles estaban "do lado dos seus veciños".

Amigos, non!

  Dim lights Embed Embed this video on your site

Os afectados pola estafa das preferentes marcharon da Aula de Cultura Ponte de Rosas sobre a media noite coa certeza de que o encontro non aportaría nada novo á situación, segundo declararon a Valminor.info. Tanto os voceiros de Gondomar, como os de Vigo e o Baixo Miño, entenden que a negativa dos parlamentarios populares a aumentar o número de arbitraxes –manifestada nunha votación no parlamento galego- é a verdadeira "cara" do Partido Popular neste tema.

Dim lights Embed Embed this video on your site