Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fdez. Comesaña (UCN-CDL) teme o estalido dun conflito de “consecuencias imprevisibles” no caso das preferentes.

Fdez. Comesaña (UCN-CDL) teme o estalido dun conflito de “consecuencias imprevisibles” no caso das preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
pfre nigran


- UCN-CDL  entende que terá lugar un conflito de “consecuencias imprevisibles” de non atoparse unha solución inmediata ao problema das preferentes.

- O voceiro Antonio Fernández Comesaña sinala que nun país “medianamente serio” os malos xestores e políticos responsables “ xa estarían no cárcere”.

“O noso grupo UCN-CDL, sitúase claramente de parte dos afectados pola estafa das participacións preferentes e subordinadas, tal e como manifestamos no pasado pleno”, sinalou Fernández Comesaña ao ser consultado polos últimos incidentes producidos no pleno de Nigrán.  O voceiro afirmou que “entendemos a súa indignación logo de tantos meses loitando para conseguir que se devolvan integramente os depósitos retidos en Novagalicia Banco, que foron estafados e sorprendidos na súa boa fe é, pola confianza depositada nos directores das entidades bancarias, e que ven como pasa o tempo sen alcanzar solución algunha, polo que crece a súa indignación e ven con rabia e impotencia unha inminente quita aos seus aforros que inxustamente pretenden levar a cabo”.

O PP desenténdese das promesas electorais aos aforristas.

Nese senso, o concelleiro centrista criticou ao Partido Popular por relentizar as arbitraxes

“nestes momentos existen reclamacións con máis de 8 meses que aínda non se resolveron, situación que está crispando o ambiente entre os afectados que se sinten, non só estafados, senón tamén enganados e utilizados para obter réditos electorais, e que agora parecen querer desentenderse”, puntualizou.

Para que os políticos escoiten hai que poñer “as cousas patas para arriba”

Fenández Comesaña lamentou que para que os políticos escoiten as demandas a xente se vexa antes na obriga de poñer “as cousas patas para arriba”. Entende que isto está a pasar claramente no caso dos aforristas: “Os afectados xa non aguantan máis, están ao límite e en calquera momento pode estalar o conflito e de consecuencias imprevisibles”, alertou.

UCN-CDL esixe ao PP e ao PSOE “que canto antes busquen unha solución” e obriguen a entidade bancaria a que devolva “de forma inmediata e integramente os aforros aos afectados, ben de forma directa, ou a través do fondo de garantía de depósitos”.

O portavoz centrista afirmou que os aforradores non son culpables da mala xestión das caixas “nin moito menos da súa creba. Existen responsables, uns por acción e outros por omisión”.

Para UCN-CDL o PSOE é tamén responsable.

Neste punto tamén responsabilizou ao PSOE, no entendido de foi este partido o que permitiu “que se perpetrase esta estafa e agora póñense detrás da pancarta. O primeiro que tiñan que facer é pedir perdón pola súa complicidade coa Banca, e despois poñerse á beira do goberno para traballar xuntos en buscar unha solución”.

O voceiro Antonio Fernández Comesaña sinalou  que nun país “medianamente serio” os malos xestores e políticos responsables “ xa estarían na cárcere”