Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O xuiz de paz de Baiona falla a favor do preferentista denunciado por inxurias polo alcalde de Gondomar

O xuiz de paz de Baiona falla a favor do preferentista denunciado por inxurias polo alcalde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Momento do enfrontamento entre Xulio Vicente e o alcalde de Gondomar . Imaxe VIA Tv

A falta tería prescrito unha vez pasados seis meses dende os feitos, sen que se producise ningunha outra resolución xudicial que paralizase a prescripción da falta.

Xulio Vicente, portavoz da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco no Baixo Miño, quedou absolto onte da acusación por unha falta de inxurias contra o actual alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concellala de cultura, Paula Bouzós.

 

Os feitos tiñan lugar o pasado 30 de abril de 2014, logo dun conflictivo pleno da Mancomunidade do Val Miñor, onde os preferentistas concentráronse á entrada do concello para protestar pola quita acordada polo Goberno Central.

A protesta tamén desencadenou outro suceso de coacción dos dereitos fundamentais dunha das representantes do PSOE de Nigrán, Dolores Araújo, logo de que se lle impedise a entrada no salón de plenos, feito que foi denunciado ante a xustifa fallando ao seu favor e anulando os acordos do citado pleno onde se aprobaron entre outras cousas os orzamentos da Mancomunidade para 2014.

Á saída dese pleno, e cos ánimos caldeados, os preferentistas seguiron aos alcaldes polas rúas de Baiona, protestando e reclamación da devolución dos seus aforros. Momento no que o portavoz e o alcalde enzarzáronse nunha discusión á altura da urbanización Os Tendales.

Dende os feitos até a data do xuizo pasaron máis de seis meses sen que producise ningunha resolución xudicial que paralizase a prescripción da falta, feito polo que o denunciado foi absolto.

Xulio Vicente: “Fomos roubados por quen nos están gobernando, e por iso protestamos”.