Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar ANOVA acusa a Gutián de mentir ao pleno no caso das denuncias policiais a preferentistas.

ANOVA acusa a Gutián de mentir ao pleno no caso das denuncias policiais a preferentistas.

Correo-e Imprimir PDF
xulio vicente guitian

-ANOVA adianta que a denuncia promovida por Fernando Guitián contra os preferentistas que o perseguiron tras o pleno da Mancomunidade foi presentada na súa calidade de alcalde de Gondomar e non a título persoal como manifestou publicamente no pleno da semana pasada.

Os nacionalistas acusan a Guitián de mentir  ao pleno e aos afectados presentes, cando antes de suspender a sesión afirmou que non debatería o tema da denuncia co portavoz da Plataforma de afectados do Baixo Miño, Xavier Vence, pois a tiña feito en carácter persoal e non como rexedor.

Nese senso, ANOVA comunica que  solicitará que o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar inste ao alcalde Fernando Guitián a retirar “todas as denuncias postas contra as persoas por el denunciadas en relación cos actos acontecidos o pasado 30 de abril en Baiona, comezando pola que lle afecta ao voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes,  D. Xulio Vicente González”.

ANOVA fundamenta a moción nos pronunciamentos anteriores do pleno

O grupo nacionalista fundamentará a moción no senso que o pleno de Gondomar ten manifestado en varias ocasións, incluso a través dun Pleno Extraordinario e coa intervención de persoas representantes dos afectados pola estafa das  preferentes, “a favor da súa loita e contra a inxustiza e a indiferenza que por parte dos poderes do Estado: Banco de España, FROB, etc, etc,  están sendo tratadas”.

Entende que Fernando Guitián, debe ser “consecuente e coherente “ co seu apoio dado a estas persoas, e que en todo caso debería “poñer por riba de cuestións persoais o seu cargo de Alcalde de Gondomar e o que iso representa”.

Nacionalistas reclaman “cintura política” ao rexedor cando hai que pasar “malos momentos”.

 “Os representantes públicos, e obviamente un alcalde ten e mantén esa condición as 24 horas do día”, sinala o concelleiro Xosé Antonio Araújo.  Agrega que no cargo de alcalde tamén implica que nese tempo tamén entran os “malos momentos” que hai que asumir como as “cargas do cargo e ter a suficiente cintura política para estar á altura das circunstancias en cada momento”.

Os nacionalistas non comparten a explicación dada por Guitián no pleno do día 3 de outubro en canto a que a denuncia  fíxoa por motivos de carácter persoal e non na súa calidade da alcalde. Contrariamente, dende ANOVA entenden que os altercados do pasado 30 de abril á saída do pleno da Mancomunidade desenvolvido en Baiona, tiveron orixe na “súa condición de alcalde e de cargo público. Que interese pode ter a persoa de Fernando Guitián para as plataformas de afectados?......Ningún” sinalan nos fundamentos do acordo a presentar ao pleno.

O documento de denuncia policial demostra que non foi así

Os nacionalistas presentarán no pleno documentación que comproba que Fernando Guitián presentou a denuncia policial contra os preferentistas non con carácter persoal senón na súa condición de alcalde. Nese senso acusan ao rexedor de mentir ao respecto no pasado pleno do 3 de outubro. “Afirmou varias veces que a denuncia tiña un carácter persoal, cando a realidade  vén a demostrar que a denuncia foi posta por Vde. na súa condición de Alcalde de Gondomar. Un feito que consideramos moi grave e que lle afecta  á credibilidade da propia Institución Municipal que Vde. preside” sinala o texto do acordo.

Dim lights Embed Embed this video on your site