Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Unha caravana solidaria chegará dende Lugo en apoio aos afectados polas preferentes pechados en Gondomar.

Unha caravana solidaria chegará dende Lugo en apoio aos afectados polas preferentes pechados en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A plataforma leva meses ocupando a entrada do concello de Gondomar

O vindeiro sábado 16 de marzo, unha “Caravana Solidaria” atravesará o país para achegarse ata o Concello de Gondomar, onde se atopan pechados os membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do municipio. A comitiva es esperada sobre as 12 horas na praza da Paradela, onde será recibida pola plataforma e veciños.

A Caravana Solidaria formouse para dar apoio aos afectados polas preferentes e subordinadas de toda Galicia. O sábado sairá de Lugo e irá recollendo persoas ao longo do percorrido, que pasará por Santiago e varios puntos da provincia de Pontevedra. A caravana pasará por Gondomar para logo dirixirse ao Baixo Miño.