Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG Gondomar expresa o seu apoio ás persoas afectadas polas preferentes pechadas na oficina de Novagalicia Banco en Gondomar

O BNG Gondomar expresa o seu apoio ás persoas afectadas polas preferentes pechadas na oficina de Novagalicia Banco en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Os afestados pola estafa das preferentes continúan a súa protesta na interior do caixeiro de NGB

O BNG de Gondomar expresou hoxe, nun comunicado, o seu apoio aos afectados pola estafa das preferentes que se atopan pechados indefinidamente na oficina de NovaGaliciaBanco en Gondomar en sinal de protesta, xa que foi unha das sucursais que tramitaron estar participaciósn preferentes e subordinadas.

O responsables nacionalistas explican que onte mesmo acudiron á oficina onde se atopan para expresarlles o seu apoio, e o apoio ás mobilizacións que se produciron en novembro nesta mesma oficina. O BNG lembra no comunicado que o seu grupo parlamentario presentou  "numerosas iniciativas levadas ao Parlamento xa na pasada lexislatura" e que respecto destas iniciativas informaron aos afectados nun acto no mes de abril onde o seu partido se puxo ao dispor dos afectados.

No comunicado, o BNG asegura que onte mesmo "ocupou as oficinas de Novagalicia Banco nas sedes centrais de todo o país para explicar a situación en que queda o aforro galego coa futura desaparición da entidade".  O BNG considera que o anuncio que confirma a desaparición de Novagalicia Banco "deixa ao descuberto as mentiras e incapacidade do Goberno do PP e de Núñez Feijoo" e  trátase por tanto  "dunha medida que liquida o aforro galego no canto de procurar a creación dunha Banca Pública que dea crédito ás persoas e ás empresas. Unha medida que vai supor o despedimento de máis de 2500 persoas e que vai afectar negativamente aos afectados polas preferentes."

O BNG advirte que o banco que se faga con Novagalicia Banco tamén levará de regalo miles de millóns de pequenas e pequenos aforradores, aos que se lles "expropiará sen dereito a protestar" entre o 30% e o 70%  do que depositaron nas participacións.