Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona restrinxirá o acceso ao pleno municipal deste xoves

O Concello de Baiona restrinxirá o acceso ao pleno municipal deste xoves

Correo-e Imprimir PDF
Baiona blíndase ante a presión dos afectados pola estafa das preferentes

A concelleira socialista Isabel Domínguez Quintas alertou esta tarde dun posible intento por parte do PP de blindar as portas do pleno ante a posibilidade de que as plataformas de afectados polas preferentes intenten manifestarse durante a sesión. A voceira do PSOE publicou esta tarde nas redes un post no que afirmaba "el alcalde adoptará medidas de seguridad para PROHIBIR el acceso a las personas no autorizadas, celebrando el pleno en el que se debatirán los presupuestos municipales a puerta cerrada". Pleno que terá lugar este xoves ás 12 horas.

A alarma xa circulaba dende a tarde deste mércores logo que varios medios de comunicación recibiran a orde de acreditar aos seus xornalistas para poder ingresar á sesión, feito para nada habitual. Dado que Valminor.info, a pesar de estar acreditado ante o gabinete de prensa do alcalde Jesús Vázquez Almuíña, non recibe convocatoria algunha desta administración, consultouse con varios colegas quen confirmaron a solicitude institucional.

Consultadas as plataformas de afectados, estas informaron que igualmente estarán presentes ás portas do Concello de Baiona, coa intención de ser recibidos polo goberno local.