Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Oito afectados polas preferentes péchanse por tempo indeterminado no caixeiro da sucursal de NGB en Gondomar.

Oito afectados polas preferentes péchanse por tempo indeterminado no caixeiro da sucursal de NGB en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
caixeiro-gondomar-2
caixeiro-gondomar-1
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

 


-Os afectados reclaman solucións ao "curraliño" no que quedaron os seus aforros e manterán a medida por tempo indeterminado.

- A ocupación comezou ás 13 horas deste luns cunha soa aforrista, e no momento de pechar esta nota atópanse 8 dentro do caixeiro.

-Os afectados atópanse no caixeiro ao carón da porta de acceso á entidade bancaria.

A medida, de xeito espontánea segundo os protagonistas, comezou ás 13 horas cando unha das afectadas decidiu pecharse no caixeiro logo de manter un diálogo "infrutuoso" sobre o futuro dos seus aforros co director da sucursal de NGB Gondomar. A decisión da señora non pasou desapercibida para outros veciños do municipio -tamén afectados polas preferentes- que foron completando "o aforo" do reducido habitáculo.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Á fronte da sucursal bancaria foi cuberta con carteis de denuncia contra os ex directivos das caixas galegas, aos que responsabilizan das desfeitas. Entre os ocupantes atópanse amas de casa, xubilados, e xente nova que coa perda destes aforros afrontan desafiuzamentos.

Os afectados afirman que non deixarán o local ata que non reciban unha resposta satisfactoria, nomeadamente unha solución alternativa ás quitas que ofrece a solución Bruselas, coas preferentes.

Dim lights Embed Embed this video on your site