Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A presión dos estafados polas preferentes chega ata os domicilios dos alcaldes do Val Miñor

A presión dos estafados polas preferentes chega ata os domicilios dos alcaldes do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán retira os autocolantes do seu domicilio -Imaxe Concello de Nigrán

Os alcaldes do Val Miñor sinten de cerca a presión dos afectados pola estafa das preferentes que a final de ano terán que asumir unha perda de máis dun 43% dos seus aforros logo do acordo firmado polo goberno de Rajoy con Bruxelas para poder acceder aos millóns de euros para o segundo rescate da banca española.

"Estamos al limite, ya no sabemos que hacer ni a quien acudir. Esto es una impotencia y nadie nos hace caso", manifestaba unha afectada pola estafa das preferentes esta semán logo de que se lles impedise a entrada no pleno da mancomunidade. A situación de desesperación destes veciños estafados por NovaGaliciaBanco cos productos tóxicos das preferentes e subordinadas comeza a chegar ao límite cando ven que se esgotan todas as vías administrativas posibles e se lles pechan portas ante unha acción coordinadas dos gobernos centrais e autonómicos. Logo de pechar as vías de diálogo das arbitraxes para recuperar os cartos, moitos afectados vense nunha situación de impotencia na que ningunha adminsitración quere abrirlles "as portas" para tentar calmar os seus ánimos.

Un ano e medios despois de iniciar as súas protestas os afectados comezan a "chamar" directamente ás portas dos alcaldes para requerir a súa atención e presionar as súas posicións de cara aos seus dirixentes de partido.

Estes foron os casos sufridos polo alcalde de Baiona e Nigrán, que atoparon o seu domicilio con autocolantes da plataforma de afectados cos lemas "Non imos parar ata os cartos recuperar".

Nun comunicado feito público polo gabinete de prensa do concello de Nigrán o alcalde sinala que "acciones como ésta no tienen justificación posible, que no sólo no resuelven nada sino que tampoco tienen en cuenta a familias ni vecinos" e engade que  "Este tipo de comportamientos no aportan nada a la lucha que miles de personas en Galicia están realizando por recuperar sus ahorros, una "lucha" que debe ser pacífica y respetar el derecho a la intimidad de todos. Reitero mi apoyo y mi compromiso con las personas afectadas por las participaciones preferentes y subordinadas. Entiendo la situación por la que están pasando y continúo en solidaridad con ello, pero estas conductas son injustificables, especialmente cuando podrían haber afectado a mi familia, a mis hijos, que nada tienen que ver con este problema".

As palabras do rexedor baiones foron máis subidas de tono e na liña das declaracións da número dous do Partido Popular, María de Cospedal. O alcalde de Baiona, Jesús Almuiña, cualificou como "nazi" o escrache no seu portal. En deralacracións a Radiona Nacional de España o rexedor sinalou "No va a amedrentarme ese grupito de violentos que trataron de marcarme como a los judíos de la Alemania nazi".

Xulio Vicente, portavoz da plataforma, advertiu que o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, converteuse en "inimigo público número 1" para este colectivo.