Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Afectados polas preferentes obrigan a suspender o pleno de Nigrán

Afectados polas preferentes obrigan a suspender o pleno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde suspendeu o pleno logo de 45 minutos de sesión

Unha veintena de afectados polas preferentes irrompeu este xoves no pleno ordinario de Nigrán (Pontevedra) para esixir ao alcalde e aos concelleiros que se sitúen a favor deste colectivo e sigan os pasos do goberno local de Oia, que dixo que abandonará o PP e pasarase ao grupo mixto se non se lles devolven os seus aforros.

Ao comezo da sesión, o grupo comezou a increpar ao rexedor, Alberto Valverde, quen se limitou a amosar o seu apoio aos afectados e a prometer traballar por unha solución "desde dentro do PP" e desde o propio Concello.

Os edís de PSOE e BNG accederon, a petición dos afectados, a levantarse dos seus sitios e a sentar entre eles. Os socialistas, ademais, comprometéronse a conseguirlles reunións coa dirección do PSdeG e do PSOE de ámbito nacional.

Os edís socialistas aceptaron dimitir e non volver presentarse en ningunha lista se o seu partido non fai todas as xestións posibles para axudar aos afectados.

Finalmente o alcalde viuse obrigado a suspender o pleno cando aínda non transcorrera unha hora desde o seu inicio. Os afectados permanecen no Consistorio, fortemente custodiado por Policía Local e Garda Civil, onde levaron a cabo unha pitada.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Album de imaxes en La Voz de Galicia

Ampliaremos información