Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Documentación do PXOM de Nigrán 2013

Documentación do PXOM de Nigrán 2013

Correo-e Imprimir PDF

pxom nigran2013 banner 2

Documentación PXOM completa - Descargar aquí (tamaño 1 GB comprimido en ZIP) 

Se prefire realizar unha consulta máis rápida pode descargar só planos de ordenación proposta.

Plano de ordenación proposta 02.1
Plano de ordenación proposta 02.2
Plano de ordenación proposta 02.3
Plano de ordenación proposta 02.4

 INFORMES MUNICIPAIS previos ao pleno de aprobación do PXOM.

Informe do interventor municipal

Manual interpretación

Os planos poden ser de información ou de ordenación.

Nos planos de información (O seu nome empeza por I), infórmase de varios aspectos, como a clasificación actual, as zonas de ordenzanza, etc.
Os planos importantes para analizar como vai a quedar Nigrán son os planos de ordenación (O seu nome empeza por O)
Polo tanto vamos a analizar os diferenets planos de ordenación e documentos de interese que nos poden ser de mais utilidade:

O2.1.Justificacion clasificacion (tamén O2, O3 e O4).
Son catro planos nos que se divide o termo municipal de Nigrán nos que se poden visualizar tanto as edificacións (as que aparecen) como as parcelas existentes. Hai que ter en conta que a cartografía empregada non está actualizada.
Neles se pode como se clasifica un terreno.
Este pode ser urbano (consolidado ou non consolidado), rural (tradicicional ou común) ou solo rustico (de especial protección ou de protección ordinaria). Tamén se determina se o terreno está incluido nun PERI, SUD, SUND ou POL

O4.1-Calificación, Gestión y Alineaciones_01, 02, 03, 04, 05, 06 e 07
Estes son planos para determinar dentro do solo urbano consolidado a ordenanza que lle é de aplicación, asi como o grao (por exemplo RU-3 Residencial Unifamiliar Grao 3). En principio se se cumpren os requisitos para edificar obtense unha licnecia directa e se pode edificar segundo a ordenanza que lle é de aplicación.

O4.2-Calificación, Gestión y Alineaciones_NR
Estes son planos para determinar dentro do solo rural (tanto común como tradicional) a ordenanza que lle é de aplicación (por exemplo NRC1 Nucleo Rural Común Grao 1). En principio se se cumpren os requisitos para edificar obtense unha licnecia directa e se pode edificar segundo a ordenanza que lle é de aplicación.

Documento das ordenanzas urbanisticas
Unha vez determinada para unha finca a ordenanza de aplicación e o grao (para o solo urbano consolidado e para o rural), vaise ao documento das ordenanzas urbanísticas, búscase a ordenanza e o grao e alí pon o que se pode facer.

PERIs, SUDs, SUNDs E POL
En principio, aínda que este solo este clasificado como urbano non consolidado, urbanizable ou rural, nestes terreos non se pode edificar até que se desenvolva o instrumento urbanistico previsto.
Para saber que se pode facer hai que ir ao documento “Documento IV.B- Fichas Ordenación e Xestión”, e buscar o ámbito que lle é de aplicación.

Zonas verdes e equipamentos
No solo que está destinado para zonas verdes ou equipamentos non se vai a poder edificar vivendas. Os propietarios destes terreos participarán dos beneficios urbanisticos dos SUD, ou PERIs aos que están adscritos.

Solo rústico
A normativa a a aplicar dependerá de se é ordinario ou de especial protección. Por exemplo no solo rústico de especial protección de infraestructuras prácticamente non se pode facer nada.

Areas de recualificación
Existen 4 areas de recualificación (San Román, Monteferro, Chandebrito e MonteLourido) nos que se fará un desenvolvemento seguindo plans especiais. A descripción do que se vai a facer está nas fichas respectivas (ver “Documento IV.B- Fichas Ordenación e Xestión”), aínda que non son moi concretos.