Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán vota en contra da convocatoria a Asemblea do Consello Sectorial para tratar o PXOM.

O PP de Nigrán vota en contra da convocatoria a Asemblea do Consello Sectorial para tratar o PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

De momento a Asemblea do Consello Sectorial non será convocada para discutir o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A moción cara a unha convocatoria que fora presentada de forma conxunta polo PSOE e o BNG, foi votada en contra pola maioría popular no Pleno de Nigrán celebrada esta mañá.

 

" Para Alberto Valverde o Plan Xeral é un documento dos nove Concelleiros do Partido Popular e da Xunta de Galicia menospreciando e deixando de lado todo aquilo que fale de transparencia e participación", declarou Juan González, portavoz do PSOE logo da sesión.

Gonzalez, informou que lle propuxeron aos populares facer a convocatoria para o mes de setembro, co fin de dar máis tempo ao goberno local para preparar a xuntanza. Segundo o concelleiro a resposta negativa dos populares fundamentouse en que "xuntar a 50 persoas non é operativo".

Nun comunicado público, a agrupación socialista de Nigrán comprometeuse a "seguir loitando para que o PXOM sexa transparente e consensuado e o mellor PXOM para Nigrán"