Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Panxón convoca aos seus veciños a unha charla sobre o PXOM de Nigrán

Panxón convoca aos seus veciños a unha charla sobre o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
As asociacións comezan a dar os primeiros pasos para informar aos seus veciños.

A asociación de Veciños Monteferro de Panxón convoca aos seus socios e veciños a unha charla informativa sobre o novo documento urbanístico.

Ante a falta de información e acceso ao documento por parte do Concello de Nigrán, as asociacións veciñais estanse organizándose para informar aos veciños da situación do trámite do documento urbanístico e as previsións que mantén as modificacións realizadas polo actual goberno para o PXOM nas súas parroquias.

O pasado domingo a AVV Dunas de Nigrán tén convocou aos seus veciños a unha charla similar que contou coa asistencia de 150 persoas que acudiron para informarse da situación futura para a parroquia e o procedemento e situación actual na que se atopa o documento. 

A cita terá lugar este venres 22 de xuño a partir das 20h no local da asociacións, Praza Mestra Dona Manuela 4 (antigo parbulario), na Porqueira. Á charla asistirá un avogado urbanísta que solventará as dudas legais dos veciños asistentes.