O coordinador local de EU en Nigrán Xosé Cuevas denuncia que, segundo a última documentación á que tivo acceso, o novo PXOM de Nigrán favorece a un empresario recentemente condenado por un delito contra a ordenación do territorio.
O portavoz de EU refírese á fábrica de prefabricados Luis Barros, S.L. situada na zona de Paradellas en Nigrán. O empresario foi condeado en febreiro deste ano a 1 ano de cárcere por ampliar esta fábrica en terreos rústicos e forestais e por carecer der licenza de actividade, entre outros delitos.
Cuevas sinala que o goberno municipal pretende legalizar as obras ilegais en vez de demolelas.
Cuevas considera inadmisible que na documentación facilitada ás asociacións de veciños polo alcalde, exista unha área de Solo Urbanizable Delimitado, que legaliza a ampliación realizada pola empresa Prefabricados Luis Barros, S.L.
Nunha sentencia de febreiro pasado probouse que o empresario realizou obras de desmonte, explanación de terreos coa cualificación de rústico forestal e construción dun muro de contención, delitos por lo que foi condenado a un ano de cárcere, inhabilitación e multa. A Consellería de Política Territorial ordenou no ano 2004 a demolición de ditas obras, sen que fora executada a día de hoxe dita orde.
Segundo Cuevas, a area de planeamento non figuraba na documentación do PXOM enviada á Xunta de Galicia en outubro de 2011, nin se facía referencia á citada área nos informes da Xunta de Galicia, polo que" a actual variación deste ámbito só parece obedecer a política do actual goberno de Nigrán de favorecer aos poderosos que actuaron segundo a “a lei da selva” no urbanismo do noso concello".
Cuevas sinala nos planos a area que delimita o SUD 13 no novo PXOM, e a situación na ordenación actual. A diferencia estaría en que no novo PXOM incorpora máis do 50 % do SUD 13 con terreo de especial protección forestal (en ordenanza 15), e que a delimitación do futuro SUD coincide exactamente coa actual situación de ampliación das instalacións da empresa, unhas instalacións que teñen unha sentenza firma de derrube.
Esquerda Unida considera necesario a reserva de solo para zona industrial no concello de Nigrán
Para Esquerda Unida estes feitos son consecuencia da falta de adecuada planificación urbanística que reinou en Nigrán durante décadas, que provocou a creación diseminada de moitas empresas en zonas de uso residencial ou de valor ambiental, como as ribeiras dos ríos. Esquerda Unida considera que debe preverse no PXOM unha zona industrial reservada para o desenvolvemento da industria local, para que o seu crecemento non estea condicionado polas limitacións e prohibicións de usos, das normas das zonas nas que están emprazadas actualmente.